Sábado, 13 xuño, 2026
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na cuarta etapa da ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 20 de xuño. Nesta andaina vaise a percorrer o tramo que discorre entre Noia e Fontefría. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
As persoas que estean interesadas en participar nesta andaina poden tramitar as inscrición a través deste formulario. Poderanse tramitar as inscrición ata o mércores, 17 de xuño, ás 14.00 horas. Ofrécese servizo de autobús con saída ás 8.30 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro; e ás 8.45 horas dende a Casa do Concello, en Bertamiráns.





