Avisos
Venres, 26 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 26 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 27 de xuño, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
Xoves, 25 xuño, 2026
O Concello de Ames súmase á convocatoria da FEGAMP dun minuto de silencio mañá, venres 26 de xuño de 2026, ás 12:00 horas, diante da Casa do Concello en Bertamiráns e das Oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro, debido ás devastadoras consecuencias do grave terremoto que afectou a Venezuela e que deixa tras de si unha gran cantidade de vítimas mortais e numerosos feridos.
Xoves, 25 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes admitidas e excluídas de novos/as usuarios/as nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2026-2027. O prazo de matrícula vai do 23 de xuño ao 7 de xullo. Para dispor de máis información e sacar cita previa hai que chamar ao número de teléfono 981 89 14 76.
Martes, 23 xuño, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no boletín 225/71GAL emitido o día 23-06-2026 ás 9:44h informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por temperaturas máximas e tormentas.
Luns, 22 xuño, 2026
No período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro (ambos incluídos), as oficinas de asistencia en materia de rexistro (OAMR) do Milladoiro e de Bertamiráns e o Padrón municipal modifican o seu horario de atención ao público:
Luns, 22 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas para o curso 2026-2027. Para que a renovación sexa efectiva deberá emendar a solicitude no prazo de emenda (ata o 7 de xullo). Durante o mes de setembro non se admiten cambios.
Venres, 19 xuño, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Xuño Lúdico 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 19 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 18 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 20 de xuño organízase unha degustación de tapas en tres locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase nos restaurantes Onde Keiras, Tivolino e Mollos e Moios.
- ‹ anterior
- 5 de 175
- seguinte ›




