- Tematica
Se na solicitude se indica que ten débeda en executiva, a continuación indicamos os teléfonos para consultar e solucionar a incidencia:
-Oficina de recadación municipal: 981 88 48 96.
-Deputación da Coruña: 900 132 204.
As solicitudes de renovación que aparecen na listaxe como “Renovación admitida: SI” non deberán facer ningún outro trámite. As solicitudes que aparecen como “Renovación admitida: NON” deberán emendar a solicitude no prazo correspondente de emenda ata o 7 de xullo. É imprescindible xustificar a necesidade dde conciliar para renovar a praza nos servizos complementarios.
Horario de verán das oficinas de rexistro:
Cómpre lembrar que no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro (ambos incluídos), as oficinas de asistencia en materia de rexistro (OAMR) do Milladoiro e de Bertamiráns modifican o seu horario de atención ao público:
-Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamiráns: de 8:30 a 13:30 horas.
-Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro do Milladoiro: de 8:30 a 13:00 horas.




