Avisos
Mércores, 1 xullo, 2026
A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 2 de xullo, en Bertamiráns, na praza da Maía. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Un alento de vida”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue durante o verán xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.
Mércores, 1 xullo, 2026
O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Desde o día 1 ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. Na actualidade, 15 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as.
Mércores, 1 xullo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 1 xullo, 2026
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas traballadoras desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Luns, 29 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa sobre as prazas libres que quedaron na Escola Municipal de Teatro despois que o pasado o 23 de xuño rematase o prazo de renovación de praza para persoas que participaron nesta actividade municipal durante o pasado curso.
Luns, 29 xuño, 2026
O Concello de Ames abriu o luns, 1 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Este ano, como novidade, o proceso realizarase a través da nova app Concello de Ames. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas.
Venres, 26 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 27 de xuño, organízase unha nova xornada do Club tixolas, un club de cociña dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos que se desenvolve o derradeiro sábado de cada mes. Con esta iniciativa, búscase que os máis pequenos teñan un primeiro contacto co mundo culinario e que aprendan a realizar receitas con produtos frescos de proximidade e de temporada.
Venres, 26 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no programa municipal da Escola de Verán 2026. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estaban escolarizados no 2º ciclo de educación infantil e en educación primaria. Podes consultar as listaxes completas ao pé deste aviso.
Venres, 26 xuño, 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación, a Aula AMTIC, organizou para o mes de xullo dous cursos para público infantil e xuvenil arredor das artes dixitais. Para poder participar é preciso enviar cuberto o formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poderán facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.
Venres, 26 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
- ‹ anterior
- 4 de 175
- seguinte ›




