Pestanas principais

Prazas libres para inscribirse na Escola Municipal de Teatro (curso 2026-2027)

Venres, 26 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa sobre as prazas libres que quedaron na Escola Municipal de Teatro despois que o pasado o 23 de xuño rematase o prazo de renovación de praza para persoas que participaron nesta actividade municipal durante o pasado curso.

Do 29 de xuño ao 10 de xullo abre un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Para solicitar praza haberá que cubrir o impreso formalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) enviaranse ao correo electrónico que consta nas bases de datos da Oficina de Recadación para tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o aboamento. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Excepcionalmente poderase solicitar o impreso de pagamento de xeito presencial na oficina de Recadación do Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; ou na oficina de Recadación de Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas. No caso de non recibilo poden solicitalo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 884 896. De non facer efectivo o pagamento nos prazos establecidos, tramitarase a baixa inmediata no servizo.

As clases comezarán o 15 de setembro en Bertamiráns, o 16 de setembro no Milladoiro e o 17 de setembro o grupo inclusivo. As aulas rematarán no mes de xuño de 2027. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas. Para dispor de máis información pódese chamara ao números de teléfono 981 535 940 / 662 377 444 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.

Os prezos públicos establecidos para as escolas culturais son de 40 euros para os menores de 18 anos, 20 euros para o segundo membro menor de 18 anos, 10 euros para o terceiro e restantes membros menores de 18 anos e 50 euros para o alumnado maior de 18 anos.

Multimedia