Pestanas principais

Ruta do rego dos Pasos

O concello de Ames dispón dunha nova ruta ambiental que discorre pola marxe esquerda do rego dos Pasos. Trátase dunha ruta que tanto se pode facer a pé como en bicicleta. Durante o seu percorrido atopamos moitos carballo e moitas árbores frondosas que fan dela unha ruta moi fresca, ideal para o verán.

Esta senda discorre pola marxe esquerda do rego dos Pasos. Actualmente ten unha lonxitude de 2 quilómetros de ida e outro 2 km de volta. A entrada provisional está situada na rúa do Lodeiro, en Bertamiráns, aínda que vaise poder acceder dende o paseo fluvial.

Esta nova senda peonil pasa polos lugares de Loureiros e Capeáns ata chega ao muíño de Covas. Dende este punto ata a aldea de Pousada continua un sendeiro, que aínda está sen acondicionar, pero que está previsto que sexa acondicionado tamén para incrementar a lonxitude de dita ruta. Incluso tense pensado que enlace co Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. Trátase dunha senda moi cha e facilmente practicable e que permite pasar do entorno urbano ao natural nun par de minutos, facilitando deste xeito o coñecemento do medio e da flora e fauna dos regatos.