Actualidade
[11-01-2019] Un total de oitenta familias foron atendidas dentro do programa Educación Familiar, do Concello de Ames ao longo de 2018. A través deste servizo, o departamento de Servizos Sociais ten un contacto directo coas familias, mediante o que lles presta apoio educativo e psicosocial , co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais de maltrato infantil, ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un axeitado exercicio de responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia ca introdución da perspectiva de xénero.
[10-01-2019] A Escola Municipal de Música de Ames informa que esta semana non se impartirá a clase de Linguaxe Musical na EMMA por baixa da profesora
[10-01-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a resolución da Alcaldía número 38/2019, pola que se resolve a creación dunha bolsa de traballo de administrativos do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito documento.
[10-01-2019] O vindeiro 9 de febreiro a selección galega disputará en Madrid o primeiro partido da fase final do campionato de España feminino de fútbol sala sub20. Nas semifinais enfrontarase ás xogadoras de Andalucía nun partido que terá lugar no Pavillón da Cidade do Fútbol das Rozas, en Madrid. Diego Montero, coordinador deportivo do FC Meigas, forma parte da corporación técnica da selección galega.
[10-01-2019] A Aula de Informática do Milladoiro ten aberto o prazo para anotarse nos cursos que ofrece para os primeiros meses do ano 2019. A oferta está formada por unhas xornadas de iniciación a Internet, que se realizarán en xaneiro, un curso sobre o procesador de textos Writer para nenos e nenas para febreiro, e un obradoiro de mecanografía en marzo. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as solicitudes de inscrición dos diferentes obradoiros, que son gratuítos.
[10-01-2019] Xa é posible inscribirse no Club de Debate deste curso 2018/2019. O Club de Debate é unha actividade de dinamización lingüística dirixida a mozas e mozos de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e de ciclos formativos. Os equipos que se inscriban teñen que ser mixtos e estar formados por entre 4 e 10 persoas. Haberá premios para os equipos gañadores das fases de zona e un premio final dunha viaxe multiaventura en grupo. O prazo de inscrición rematará o próximo 15 de xaneiro.
[09-01-2019] Bertamiráns acollerá o vindeiro venres, 25 de xaneiro, a XIII Gala do Deporte municipal Concello de Ames, coa que se busca poñer en valor o deporte amesá e darlle visibilidade aos múltiples logros acadados polos deportistas do concello ao longo do ano. Durante o evento, no que se entregarán oito premios, tamén se fará entrega do premio do público, cuxa votación estará dispoñible na páxina web municipal ata o próximo venres, 18 de xaneiro.
[09-01-2019] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto que recolle as obras de ordenación e mellora viaria de Cantalarrana e Carballido, na parroquia de Ortoño, por un importe de 74.426,62 euros IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concello) “POS+2018” da Deputación da Coruña. A través destes traballos mellorarase o estado actual dos viarios e a seguridade.
[09-01-2019] O CEIP de Barouta ven de gañar un dos premios outorgados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ao abeiro da quinta edición do Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar polo seu proxecto de investigación Somos o que comemos. Dito proxecto documental foi desenrolado polo alumnado e os distintos departamentos educativos do centro ao longo do curso 2017/18. O galardón inclúe unha dotación económica de 2.000 euros para o centro.
[08-01-2019] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado das alegacións presentadas á fase de concurso do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de Administrativos do Concello de Ames. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter dito anuncio.
- ‹ anterior
- 587 de 1382
- seguinte ›