Pestanas principais

O Pazo da Peregrina acolle unha das visitas do programa Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía

Venres, 03 de xullo de 2026

O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, organizou o pasado sábado 20 de xuño, unha visita ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que se enmarca dentro do programa de visita aos Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Ditas visitas están teatralizadas polos Quinquilláns. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía.

Un grupo de veciños e veciñas de Ames participaron o pasado sábado, 20 de xuño, nunha visita moi especial e diferente polo Pazo da Peregrina. Tratouse dunha visita teatralizada polos Quinquilláns, que a través de diferentes personaxes, foron narrando a vinculación deste lugar e do Val da Maía coa vida e obra de Rosalía de Castro. 

Deste xeito, ao inicio da visita, Tero Rodríguez, caracterizada de Rosalía, saíu ao balcón do Pazo para saudar ás persoas que participaron nesta actividade. De seguido, baixou á praza do Pazo para acompañar aos presentes e recrear momentos e personaxes relacionados coa historia deste lugar emblemático.  

Posteriormente, Lucho Penabade, caracterizado de (cabezudo-demo), fixo a súa aparición sorpresa lembrando os tempos de celebración das festas da Peregrina neste patio. As figuras de xigantes e cabezudos, tan tradicionais na nosa cultura popular e festiva, tamén tiñan unha importante presenza nestes festexos.

Ademais, ao longo da visita púxose de manifesto a vinculación do Pazo da Peregrina e do Val da Maía con Rosalía de Castro. Na capela foi bautizada unha tia paterna de Rosalía, chamada Rita Benita Cayetana e que foi apadriñada polos que eran naquel momento propietarios do Pazo a finais do século XVIII. Por iso o nome completo de Rosalía é María Rosalía Rita, e leva un dos nomes da irmá máis maior de seu pai.

Outra personalidade caracterizada durante a visita foi o pintor e amigo persoal de Rosalía, Modesto Brocos. Este artista é o autor do único retrato da escritora pintado ao natural e que se conserva na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. 

O percorrido continuou por diferentes puntos dos xardíns do Pazo da Peregrina, entre os que destaca o exemplar da camelia híbrida Rosalía de Castro, que foi plantada en marzo de 2023 polo alcalde de Ames e polo presidente de Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Esta camelia híbrida foi obtida e nomeada en honra da insigne escritora polo viveirista portugués Alfredo Moreira Silva no ano 1968, e plantada nos xardíns da casa de Rosalía. Posteriormente, un esgallo da planta foi doada ao Concello de Ames.

Outro dos enclaves nos que se fixo un alto foi no monólito que ten tallado o escudo de Ames. Neste caso falouse da referencia que se fai en dito escudo á Traslatio do apóstolo Santiago. Tamén se fixo parada no palco situado na parte superior dos xardíns, onde os Quinquilláns realizaron un sketch dunha obra rosaliana. Por último, visitouse o tótem da ruta urbana circular 8M, que está dedicado a Rosalía de Castro, a voz máis universal das nosas letras.

Programa de visita aos Lugares Rosalianos
O programa de visita aos Lugares Rosalianos dispón de tres actividades máis. A primeira xa se realizou o pasado 23 de maio cunha visita á Casa de Rosalía, en Padrón. Ademais, para hoxe, 3 de xullo, ás 18.00 horas, está prevista a visita á igrexa de Bastavales. 

Por último, o 4 de setembro, ás 20.00 horas, visitaranse As Torres da Hermida, en Lestrobe (Dodro). As persoas que estean interesadas en participar teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@dodro.gal. As inscrición para esta visita son gratuítas e poden tramitarse ata o día previo de cada actividade. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

O Pazo da Peregrina acolle unha das visitas do programa Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía

Multimedia

  • O Pazo da Peregrina acolle unha das visitas do programa Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía