Actualidade

Xa está aberto prazo para inscribirse nas últimas prazas que quedan libres na Escola Municipal de Música (EMMA) para o curso 2023-2024. As vacantes son nas disciplinas de violín, música e movemento, e frauta. Aqueles que aínda estean interesados en participar nalgunha destas modalidades poden inscribirse cubrindo esta ficha e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello, ou entregándoa nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (en Bertamiráns e no Milladoiro). Ao tratarse dun prazo extraordinario de inscrición, as prazas adxudicaranse por orde de entrada da solicitude en rexistro.

O vindeiro luns, 11 de decembro, comeza o prazo para inscribirse nas prazas que quedaron libres na Escola Municipal de Música (EMMA), para o curso 2023-2024. As vacantes son nas disciplinas de música e movemento, percusión e batería, e frauta traveseira. Aqueles que aínda estean interesados en participar nalgunha destas modalidades poderán inscribirse cubrindo esta ficha e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (en Bertamiráns e no Milladoiro). Ao ser un prazo extraordinario de inscrición as prazas adxudicaranse por orde de entrada da solicitude en rexistro.

A Escola Municipal de Música (EMMA) informa de que conta con prazas libres para as disciplinas de música e movemento e de frauta traveseira no curso 2023-2024, tras rematar o período de inscrición extraordinario o pasado luns, 11 de setembro. As persoas que aínda estean interesadas en participar nalgunha destas modalidades poderán anotarse ao longo do curso, cubrindo a ficha para anotarse e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nos rexistros municipais.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vai realizar, un ano máis, o seu tradicional concerto de fin de curso. O recital terá lugar este venres, 16 de xuño, a partir das 19:00 horas. Celebrarase na praza de Chavián. Nel, os rapaces e rapazas que ao longo de todo o ano estiveron asistindo ás diversas formacións que ofrece a escola poderán mostrar todo o aprendido. En total, participarán arredor de 100 persoas.

Desde este xoves, día 1 de xuño, e ata o luns 12, estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2023-2024. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, sen necesidade de solicitar cita previa. Premendo nesta ligazón pódese descargar o formulario de solicitude de praza. Está previsto que as novas altas comecen as clases o 15 de setembro.

A partir do vindeiro martes, 2 de maio, estará aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2023-2024. A solicitude poderase realizar ata o xoves 11 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de solicitude de renovación de praza.

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Cultura, Natividade González, acompañados da directora da EMMA, Pilar Martínez, visitaron as instalacións da Escola Municipal de Música de Ames que están situadas no Centro de usos múltiples de Aldea Nova. Alí conversaron co alumnado e co profesorado da Escola e interesáronse polo seu funcionamento durante o curso actual. Na actualidade a EMMA conta con 9 profesores/as e hai matriculados 180 alumnos/as. As actividades da Escola están dirixidas a persoas empadroadas en Ames de 4 anos en diante. Nos últimos anos realizáronse varias melloras nas aulas da Escola e adquiriuse novo material. Ademais, no pasado mes de decembro o Concello adquiriu o edificio do Centro de usos múltiples de Aldea Nova o que permitirá dispoñer de dito espazo con maior liberdade co obxectivo de ampliar e mellorar a Escola de musica.

Onte foi presentada a programación de actividades que levará a cabo o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) entre os meses de febreiro e xuño, nun acto no que participaron a directora do centro, Pilar Martínez, e a concelleira de Cultura, Natividade González. Entre as actividades inclúense audicións, concertos, obradoiros, conmemoracións, unha xuntanza con outras escolas de música e o festival de fin de curso.

De cara ao comezo do curso 2022-2023, a Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, abre as súas portas a todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse nalgunha das materias e especialidades que ofertan. Deste xeito, do luns 12 ao mércores 14 de setembro poderase acudir ás instalacións da escola, situadas no edificio multiusos de Aldea Nova, co fin de coñecer ao profesorado, ver as aulas ou resolver dúbidas. As clases no centro para o alumnado matriculado en xuño comezan o xoves 15 de setembro.

Dende mañá xoves 1 e ata o xoves 15 de setembro estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2022-2023. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, pedindo cita previa na Sede electrónica. Premendo nesta ligazón pódese descargar o formulario de solicitude de renovación de praza. Está previsto que as novas altas comecen as clases na semana do 3 de outubro.
- ‹ anterior
- 5 de 8
- seguinte ›




