Actualidade

A Escola Municipal de Música de Ames celebra mañá, mércores 18 de xuño, o seu concerto de fin de curso, unha cita na que o alumnado interpretará diferentes pezas musicais para poñer así peche final a este ano escolar. O recital terá lugar a partir das 19.30 horas na pista de fútbol sala do Milladoiro. Deste xeito, con motivo desta celebración, a pista de fútbol quedará pechada dende ás 8.00 horas deste martes, 17 de xuño, ata as 14.00 horas do vindeiro venres, día 20.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra do 11 ao 19 de xuño, cinco xornadas de audicións de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta. Ditas audicións celébranse na Aula 10 do Centro multiusos de Aldea Nova. Ademais, o mércores 18 de xuño, celebrase o concerto de fin de curso na pista de fútbol sala, que está situada ao carón das piscinas municipais do Milladoiro. Os estudantes da EMMA mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades.

Desde este luns, 26 de maio, e ata o venres 6 de xuño, estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2025-2026. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais ou por calquera dos outros medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Para entregar a documentación de xeito presencial nos rexistros municipais non é preciso solicitar cita previa. Premendo nesta ligazón pódese descargar o formulario de solicitude de praza. Está previsto que as clases comecen o 15 de setembro.

O pavillón municipal do Milladoiro acolleu este serán a gala de celebración do 20 aniversario da Escola Municipal de Música de Ames. O evento estivo dividido en tres bloques: pasado e recordos; presente e continuidade; e futuro e clausura. Houbo música a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA como María Iglesias, Manuel Rodríguez (MRT) e Xián Ardións. Proxectouse un vídeo conmemorativo e fotos antigas e actuais. Falouse con antigos profesores/as e directores/as, antigo alumnado e familias, alumnado actual, profesorado actual, e ex-concelleiros que estiveron no goberno municipal durante estes vinte anos. O acto estivo presentando por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio.

A Escola Municipal de Música de Ames está celebrando durante este curso 2024-2025 o seu vinte aniversario. Como acto de peche vai a celebrar mañá venres, 23 de maio, ás 19.30 horas, unha gala musical no pavillón municipal do Milladoiro. O evento estará dividido en tres bloques: pasado e recordos; presente e continuidade; e futuro e clausura. Haberá música a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA como María Iglesias, Manuel Rodríguez (MRT) e Xián Ardións. Proxectarase un vídeo conmemorativo e fotos antigas e actuais. Falarase con antigos profesores/as e directores/as, antigo alumnado e familias, alumnado actual, profesorado actual ex-alcaldes e ex-concelleiros que estiveron no goberno municipal durante estes vinte anos. O acto estará presentando por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio. Premendo neste enlace poderás seguir a gala en directo por streaming.

Esta mañá presentouse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro a Gala 20 aniversario da Escola Municipal de Música de Ames, que se celebrará o venres 23 de maio, ás 19.30 horas, no pavillón municipal do Milladoiro. Haberá diversas actuacións musicais a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA. Tamén se proxectará un vídeo conmemorativo da Escola Municipal de Música. Están convidados os alcaldes e concelleiros/as responsables da EMMA dende a súa creación, así como antigos profesores e profesoras que impartiron clase en dita escola. Esta gala enmárcase dentro da programación especial do 20 aniversario. Durante este curso hai arredor de 175 alumnos/as matriculados na EMMA.

A partir do vindeiro venres, 2 de maio, estará aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2025-2026. A solicitude poderase realizar ata o venres 9 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de solicitude de renovación de praza.

Dende o Concello de Ames infórmase que debido á posibilidade de que este venres pola tarde caía algún chuvasco, trasládase o IV Encontro das Escolas Municipais de Música ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O horario de inicio mantense para as 19.00 horas. Nesta cuarta edición da xuntanza participarán, ademais do alumnado da propia Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), as Escolas Municipais de Música de Muros e Caldas de Reis, o gañador do concurso "Quero Cantar" na categoría infantil, Gael, e as gañadoras dese mesmo certame na categoría xuvenil, Emma e Candela. A EMMA está a celebrar o seu vinte aniversario.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) está organizando un novo encontro coas escolas de música de Muros e Caldas de Reis. A xuntanza terá lugar o venres 25 de abril, ás 19:00 horas, na praza de Chavián, en Bertamiráns. Trátase da cuarta edición deste encontro, que se vén celebrando dende o ano 2022 e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá. A EMMA está celebrando durante este curso o seu vinte aniversario.

O Teatro Colón da Coruña acolleu este domingo, 6 de abril, a final do concurso Quero Cantar 2025, organizado pola Deputación da Coruña. Na categoría xuvenil gañaron Emma Pérez e Candela Caamaño coa canción “Preto de ti”. As dúas son amesás e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames. Nesta mesma categoría quedaron no segundo posto Interestelares, de Cangas, coa peza “Vai calor”, mentres que a terceira posición foi para Wildfire, de Vigo, coa peza “Ladroas”. Premendo nesta ligazón podes ver a actuación de Emma & Candela. O evento estivo presentado por Soledad Felloza e contou coa actuación de Daniela Montes, gañadora o ano pasado do certame na categoría xuvenil.
- ‹ anterior
- 2 de 8
- seguinte ›




