Pestanas principais

A Escola Municipal de Música de Ames celebra as audicións e concerto de fin de curso

Domingo, 08 de xuño de 2025

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra do 11 ao 19 de xuño, cinco xornadas de audicións de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta. Ditas audicións celébranse na Aula 10 do Centro multiusos de Aldea Nova. Ademais, o mércores 18 de xuño, celebrase o concerto de fin de curso na pista de fútbol sala, que está situada ao carón das piscinas municipais do Milladoiro. Os estudantes da EMMA mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades.

A Escola Municipal de Música encara o final do curso cunha serie de actuacións que comezan o mércores, 11 de xuño, e que se estenderán ata o 19 de xuño, uns días antes do peche do período lectivo. Os/as profesores/as encargados do desenvolvemento destas actuacións son Antonio Bravo, Amaury Quintero, Sergio Piñeiro, Pilar Martínez, Noelia Ramos e Eva Millares.

As audicións terán lugar na aula 10 da Escola Municipal de Música de Ames, situada no Centro multiusos de Aldea Nova, sempre en horario de tarde. Os alumnos e alumnas interpretarán diversas pezas de diferentes estilos musicais antes as súas familias, compañeiros e amizades. Tamén poderán asistir a estas audicións aquelas persoas que queiran coñecer o funcionamento da escola e ver o traballo que alí se realiza.

O alumnado de guitarra será o encargado de arrincar as audicións, o mércores 11 de xuño, ás 17:30 horas. A semana seguinte, o luns 16 de xuño, terán lugar as actuacións de percusión, ás 18:30 horas. O martes, 17 de xuño, ás 18.00 horas, celebraranse as audicións de saxo. Ese mesmo día, ás 19.00 horas, faranse as actuacións de piano. Por último, o xoves 19 de xuño, ás 18.00 horas, realizaranse as audicións de canto e frauta.

Concerto de fin de curso
Por outra banda, o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames vai realizar, un ano máis, o seu tradicional concerto de fin de curso. O recital terá lugar o mércores, 18 de xuño, a partir das 19:30 horas. Celebrarase na pista de fútbol sala do Milladoiro (ao lado das piscinas descubertas municipais). Nel, os rapaces e rapazas que ao longo de todo o ano estiveron asistindo ás diversas formacións que ofrece a escola poderán mostrar todo o aprendido.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "A Escola Municipal de Música de Ames celebra as audicións e concerto de fin de curso"

A Escola Municipal de Música de Ames celebra as audicións e concerto de fin de curso

Multimedia

  • A Escola Municipal de Música de Ames celebra as audicións e concerto de fin de curso
  • A Escola Municipal de Música de Ames celebra as audicións e concerto de fin de curso