Pestanas principais

A EMMA celebrou este mércores o seu concerto de fin de curso

Xoves, 19 de xuño de 2025

A Escola Municipal de Música de Ames celebrou este pasado mércores, 18 de xuño, o seu concerto de fin de curso, unha cita na que se deron cita os máis de 100 alumnos e alumnas matriculados na escola neste curso 2024/2025. 

Este pasado mércores, 18 de xuño, a EMMA puxo o peche final a este curso 2024-2025 coa celebración do seu xa tradicional concerto de fin de curso, que desta volta tivo lugar na pista de fútbol sala do Milladoiro. Nesta cita musical, na participaron máis de 100 alumnos e alumnas da escola, contouse cun gran ambiente ao longo de toda a xornada. 

Os encargados en abrir o concerto foron os membros do grupo de linguaxe musical, interpretando a peza “Vai de canon”. De seguido, foi a quenda da agrupación de música e movemento, que cantaron os temas “O noso aniversario”, de creación propia, e “O pesiño”, en colaboración con Sax Proyect. 

A continuación, a agrupación de violín, Jóvenes Águilas, interpretou a peza “Doraemon”. Pola súa banda, a agrupación de guitarras tocou dous temas, “Isn’t She Lovely” e “Iago’s Blues”.

Tras estas primeiras catro actuacións, o combo infantil interpretou un clásico como é “Por la Boca Vive el Pez”. Tras eles, o combo de voces, que tocou o tema “Belong Together”.

Posteriormente foi a quenda das gañadoras amesás do certame musical ‘Quero Cantar’, Emma e Candela, que desta volta interpretaron sobre o escenario un éxito como é “Creep” a voz e piano. Polo seu lado, a agrupación de violín,  tocou dous temas no recital,  “Leyendas de pasión” e “All Of Me”. 

O combo family cantou “How to save a life”, cunha batería, teclado, guitarra e voz. Por outra parte, a agrupación Sax Proyect subiu ao escenario para interpretar o recoñecido éxito “Eye of the tiger” cun baixo, percusión e catro saxos. Tras eles, continou o combo Nunca e tarde, con dous temas “Have you ever seen the rain” e “Everybody needs somebody to love”. 

Pola súa banda, o combo da EMMA escolleu dúas pezas para interpretar no recital: “Wanna be” e “This is Me”, con dous teclados, dúas guitarras, batería e percusión, coro e voz principal. 

As dúas últimas agrupacións en actuar neste concerto de fin de curso foron o combo xuvenil, con “Bam bam” e “There’s Nothing Holding Me Back”, e a agrupación Extrema Función, que puxeron o broche final ao festival coas cancións “You Shook Me All Night Long Pop” e “My Way”. 

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Concierto de fin de curso de la Escola Municipal de Música de Ames"

El Correo Gallego: "Os músicos da EMMA fan vibrar O Milladoiro"

A EMMA celebrou este mércores o seu concerto de fin de curso

Multimedia

  • A EMMA celebrou este mércores o seu concerto de fin de curso