Pestanas principais

Ames Radio saca os micrófonos á rúa para poñer en valor os programas da Radio Cidadá

Sábado, 14 de xuño de 2025

A radio municipal de Ames, Ames Radio, pechou a temporada de Radio Cidadá cun programa especial que se emitiu este pasado venres, 13 de xuño, pola tarde, dende o Pazo da Peregrina. O programa estivo dirixido pola xornalista de Ames Radio, Belén Martínez. Participaron en directo os responsables de nove programas que contaron como foi a súa andaina radiofónica deste ano e de tempadas anteriores. Ademais, emitíronse tres audios gravados previamente polos responsables doutros tres programas que non puideron asistir en directo. Outros tres programas emitidos durante esta temporada non puideron participar neste programa especial. O programa comezou cunha entrevista ao alcalde e concelleiro de Comunicación, Blas García, e pechouse cunha actuación musical do artista, Mad Martin, acompañado de Nico.

Belén Martínez, xornalista de Ames Radio, comezou o programa dicindo “hoxe toca despedir a oitava temporada deste proxecto que naceu no ano 2017. Facémolo por primeira vez con este programa especial no que queremos coñecer ás e ós protagonistas dos distintos programas, descubrir recordos, anécdotas desta e outras temporadas pero, sobre todo, queremos reunirvos a todas e a todos para celebrar xuntos estes 8 anos de Radio Cidadá. Tamén quero darlle as grazas ao meu compañeiro Juan Luís Silva. Aínda que hoxe non pode estar connosco cabe destacar que el é o gran responsable de que este proxecto siga vivo oito anos despois”.

De seguido deuse paso ao alcalde e concelleiro de Comunicación, Blas García, que foi o primeiro en conversar con Belén Martínez. García sinalou que dende o goberno municipal apostouse por manter este proxecto, que é un emblema de Ames Radio e do Concello de Ames. “Somos das poucas emisoras municipais, por non dicir a única, que abre as súas portas de xeito literal á veciñanza para que poidan realizar os seus propios programas de radio”.

Ademais, engadiu “este proxecto botou a andar en 2017 coa concelleira Isabel Vaquero, tivo continuidade con Nati, e agora eu como concelleiro da área seguín apostando pola Radio Cidadá, porque creo que cando algo funciona ben non hai que tocalo. Este proxecto funciona e hai que seguir apostando por el. Hai que potenciar a páxina web de Ames Radio para darlle maior visibilidade a todos os podcast que se poden atopar ai”.

Tangos de la Esquina Sur, El cuerpo que habitamos e Vaide retro
A continuación déuselle voz ás persoas que emiten os programas que conforman a grella de Radio Cidadá. O xoves 19 de outubro do ano 2017 escoitábase por primeira vez en Ames Radio o espazo Tangos de la Esquina Sur, un dos catro programas que se manteñen na grella da Radio Cidadá dende o seu inicio. Detrás deste programa semanal que difunde a música, a historia ou aos artistas do tango está Daniel Rilo.

A seguinte en pasar polos micrófonos de Ames Radio foi Martha Franco, que falou do seu programa, El cuerpo que habitamos. Na temporada 2023/2024 arrancaron catro programas novos entre eles El cuerpo que habitamos, un espazo sobre benestar, que busca afondar na relación corpo-mente e que nos convida a mirarnos dende diferentes perspectivas.

De seguido, puidemos escoitar un audio de Álvaro Sempere, el é o responsable de Vaide retro; un programa que arrancou na temporada 2021/2022 da Radio Cidada para levarnos de volta ao pasado a través das series, das películas ou da música dos anos 80 e dos 90. O que Álvaro fai cada mércores ten moito mérito, non só pola súa memoria privilexiada ou polo seu amplo coñecemento, se non tamén, porque o fai en galego. Álvaro é valenciano e cada semana diríxese á audiencia de Ames Radio na nosa lingua.

Las Carabelas del siglo XXI, NaturAmes e Miradas
O programa continuou con Las Carabelas del siglo XXI, un programa tripulado por Francisco Javier Salas. Trátase dun espazo que fala de integración e serve de nexo de unión entre as persoas que chegan a Ames doutros países e os que xa están. De seguido, participou Marcos Estévez (Ángeles Montecelo non puido asistir), do programa NaturAmes, no que se fala sobre natureza e persoas. Este programa foi unha das novidades da oitava temporada da Radio Cidadá.

A través dunha gravación tamén quixo participar Perla Blanco. Ela é a responsable de Miradas un dos catro programas que comezaron na primeira temporada da Radio Cidadá. Un programa que de xeito semanal, quincenal ou mensual destacou ao longo destes oito anos realidades ou obxectos aos que non lle prestamos a suficiente atención e sobre os que Perla puxo a súa mirada.

De Museo, Conta con Nós e Vivirmos nun mundo finito
E de Miradas pasouse ao espazo radiofónico De Museo, que dirixe Rosa Martínez, outro dos programas que se manteñen en emisión dende aquel 18 de outubro de 2017. O son do afiador leva 8 anos anunciando a nosa cita coa cultura galega. Este é un programa sobre historia no que se abordan diferentes aspectos relacionados coa cultura e arte galega.

A continuación foi a quenda do programa Conta con Nós, outra novidade desta oitava temporada. É un programa de Esther Souto, María del Carmen Vites e María Covadonga López, da delegación na provincia da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro. 

Manuel Casal, que dirixe o programa Vivirmos nun mundo finito, tamén participou a través dunha gravación. Manuel Casal leva oito anos ao fronte deste espazo que aborda os problemas derivados do final da enerxía fósil, as súas consecuencias para a vida cotiá e o que cada quen pode facer á hora de afrontar esta problemática. Cómpre destacar a calidade dos entrevistados e das convidadas que cada luns con enorme mestría entrevista Manuel.

O protocolo é para todos, Ames en Dixital e Apuesta por el Rock and Roll
Outro dos programas de Radio Cidadá é O protocolo é para todos, un espazo de Margarita Murillo, no que non só se dan claves sobre o protocolo, senón que nel abórdanse outras cuestións relacionadas coa actualidade.  Este espazo leva emitíndose dende a segunda temporada. A súa responsable, Margarita Murillo, está acompañada nos últimos anos por Pilar Castro.

Ames en Dixital é outra das novidades desta oitava temporada. Isabel Viñas chegou a Ames Radio coa intención de achegar dun xeito práctico e próximo as claves do mundo dixital tanto á veciñanza como a empresas.

O programa especial pechouse con Chelsea Runaway, que emite o programa Apuesta por el Rock and Roll, que naceu na sexta temporada da Radio Cidadá. Trátase dun espazo no que repasa grandes clásicos do rock and roll, pero tamén lle dá cabida a novas bandas do panorama galego, nacional e internacional.

La hora de la columna, Voces invisibles, e Teresa & Cia
Os/as veciños/as que emiten outros tres programas (La hora de la columna, Voces invisibles, e Teresa & Cia), que iniciaron as emisións no pasado mes de outubro dentro da convocatoria de 2024/2025, non puideron participaron no programa especial, que se pechou cunha actuación do artista, Mad Martin, que interpretou un tema acompañado de Nico.

15 programas durante esta temporada
Durante esta temporada emitíronse un total de 15 programas sobre música, historia, protocolo, benestar físico e emocional, mundo dixital, saúde, natureza e integración. Ademais, houbo programas sobre a prensa rosa, repaso da actualidade e da sociedade, de consultorio, volta ao pasado e sobre mulleres silenciadas ao longo da historia. 

Mantivéronse dez das propostas, que xa se integraran na grella de edicións anteriores: Apuesta por el Rock and Roll, Vaide retro, De Museo, Miradas, O protocolo é para todos, Tangos de la esquina sur, Las carabelas del siglo XXI, Vivirmos nun mundo finito, La hora de la columna e El cuerpo que habitamos. Todas elas son espazos consolidados xa coñecidos pola audiencia de Ames Radio. Ademais, houbo cinco novidades: Conta con Nós; Teresa & Cia; Voces invisibles; Ames en Dixital; e NaturAmes.

Proxecto que comezou no ano 2017
O proxecto de Radio Cidadá comezou en outubro de 2017 con dez programas realizados pola cidadanía. Neles, abordábanse temas tan diversos como a educación dos fillos, a diversidade cultural ou o patrimonio histórico e cultural do concello. Destes dez programas mantéñense en antena catro: Tangos de la esquina sur, Vivirmos nun mundo finito, De Museo e Miradas. Os dous primeiros (Tangos de la esquina sur e Vivirmos nun mundo finito) ao ser programas semanais levan 198 programas emitidos e están a piques de chegar aos 200 programas realizados.

Ames Radio saca os micrófonos á rúa para poñer en valor os programas da Radio Cidadá

Multimedia

  • Ames Radio saca os micrófonos á rúa para poñer en valor os programas da Radio Cidadá