- Tematica
Do 13 ao 21 de xuño disputouse a IV edición do Aberto de Tenis de San Xoán, torneo de carácter federado organizado pola Asociación Deportiva Val da Maía e polo Concello de Ames, que reuniu nas pistas municipais de Aldea Nova a 118 participante procedentes de diversos puntos da xeografía galega (Ames, A Coruña, Vigo, Tui, Ferrol, A Estrada, Padrón, Cambre, Fene, Vilagarcía de Arousa, e Santiago de Compostela). Cómpre destacar a boa actuación dos deportistas locais Iván P. (do Club Squash Santiago) e César Raña Díez (da Asociación Deportiva Val da Maía), na categoría veteranos+45.
A Asociación Deportiva Val da Maía, en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Ames, organizou o IV Aberto de San Xoán, que se desenvolveu do 13 ao 21 de xuño nas pistas de tenis de Aldea Nova. Ademais, esta edición contou coa colaboración como patrocinadores de Auto Mahía Bertamiráns, Frutas Gelina, Tino Peluqueros, Aguas de Sousas, Milongas Parrillada, Xuntanza Empresarios de Ames e Gadis.
Deste xeito, os/as 118 participantes inscritos/as na competición estiveron divididos en seis categorías diferentes: infantil, cadete, júnior, absoluto, veteranas+35 e veteranos+45. Todas elas contaron con categoría feminina e masculina, a excepción da categoría júnior, que só se disputou na modalidade masculina. A cita deste ano estivo marcada polas condicións meteorolóxicas, nas que foron protagonistas as altas temperaturas.
O cadro de honra do torneo foi o seguinte:
-INFANTIL MASCULINO:
Campión: Hugo Nogueira Rodríguez (Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo).
Subcampión: Daniel Torres Alonso (Sporting Club Casino de A Coruña).
-INFANTIL FEMININO:
Campioa: Eire Martínez Otero (Club W).
Subcampioa: Emma Bralo (Club W).
-CADETE MASCULINO:
Campión: Mateo Moreno Sampedro (Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo).
Subcampión: Daniel Torres Alonso (Sporting Club Casino de A Coruña).
-CADETE FEMININO:
Campioa: Iria Barreiro Navarro (Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo).
Subcampioa: Nerea Souto Conde (Escuela de Tenis Marineda).
-JÚNIOR MASCULINO:
Campión: Alexandre Barreiro Navarro (Club Tenis Tui).
Subcampión: Héctor Rodeiro Criado (Escuela Tenis Justo al Revés).
-ABSOLUTO MASCULINO:
Campión: Miguel Sánchez Fernández (Recreo Cultural A Estrada).
Subcampión: Breogán Calviño Froiz (Tenisclube Arousa Fontecarmoa).
-ABSOLUTO FEMININO:
Campioa: Yaiza Quián Darriba (Real Club Tenis Coruña).
Subcampioa: María Sicre Romero (Casino Ferrolano Tenis Club).
-VETERANAS +35:
Campioa: María Sicre Romero (Casino Ferrolano Tenis Club).
Subcampioa: Clara María Lema Rodríguez (Club USC).
-VETERANOS+45:
Campión: Iván P. (Club Squash Santiago).
Subcampión: César Raña Díez (Asociación Deportiva Val da Maía).

















