Pestanas principais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o acto de recoñecemento ao deporte amesán

Venres, 19 de xuño de 2026

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este xoves, 18 de xuño, ás 20.00 horas, un acto de recoñecemento a equipos e deportistas amesáns que destacaron ao longo da temporada 2025-2026. O alcalde, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís, foron os encargados de entregarlles un pequeno obsequio en recoñecemento dos éxitos logrados durante a tempada que vén de rematar. Os recoñecementos grupais foron para o Bertamiráns FC, Milladoiro SD, Ames Atletismo, o CB Ames e o CPA Omega. Ademais, os recoñecementos individuais foron para María Estévez, Mateo Riveiro, Miguel Bascoy, Mauro Vrhovski, Claudia Veiga, Hugo Vrhovski, María Peña, Inés Peña, Jorge Sanmartín, Lucía García, e os irmáns Olivia e Xoán David Parga.

O alcalde de Ames, Blas García, quixo poñer en valor o traballo dos deportistas, mais tamén das familias, que son “as grandes impulsoras para que o deporte de base poida ter éxito” e dos clubs locais, xa que “sen eles e o seu traballo diario non teríamos a posibilidade de apoiar ao deporte en idades formativas”. O rexedor amesán quixo sinalar que “como vemos hoxe, en Ames hai máis deportes que fútbol: temos baloncesto, atletismo, patinaxe, ciclismo...”. Deportes, indicou, “que significan saúde e transmiten us valores moi importantes”. 

Tamén a concelleira de Deportes, Susana Señorís, quixo felicitar a todos e todas as deportistas amesás, engadindo que “temos moitos e moitas deportistas no noso concello”. A edil mostrou o compromiso da súa concellería co deporte local, que “a través de iniciativas como as bolsas de axuda” apoia aos deportistas desde idades temperás.

Recoñecementos grupais
Durante o acto recoñeceuse o labor de varios clubs deportivos de Ames. Deste xeito, foron homenaxeados o Infantil B, o Alevín B, o Alevín C e o Alevín D do Bertamiráns FC, campións da Primeira Futgal, da Segunda Futgal, e da Terceira Futgal nas fases de ouro e prata, respectivamente. Tamén en fútbol, os equipos xuvenís do Milladoiro SD, que ascenderon a Liga Galega e a Segunda Futgal, respectivamente. Tamén se recoñeceu a histórica tempada que realizou todo o cadro de xogadores e adestradores do CB Ames, que acadaron un histórico ascenso á Segunda División Autonómica o ano no que celebran o vixésimo aniversario do club.

En atletismo, recoñecéronse os logros do deportistas do Ames Atletismo Nicolás Collazo, subcampión de España sub 20 nas probas de 5 quilómetros e 10 quilómetros marcha, campión galego sub 20 nas mesmas probas e convocado coa selección española de marcha sub 20 para o Encuentro Internacional de Podebrady, onde acadaron o campionato por equipos; Nadir Moreira, subcampión galego sub 18 en 5 quilómetros marcha en pista e mínima para os campionatos de España de marcha en ruta; Juan Pernas, subcampión galego sub 14 en 2 quilómetros marcha en pista, clasificado para o campionato de España sub 14 e convocado coa Selección Galega de marcha; e Alan Cadavid, terceiro no campionato de España sub 16 por federacións en lanzamento de martelo, cuarto no campionato de España sub 16 de lanzamentos longos de inverno e campión galego sub 16 no campionato galego de lanzamentos longos de inverno. Todos estes deportistas acumularon durante este ano diferentes campionatos, subcampionatos e convocatorias coas seleccións galegas e españolas nas súas disciplinas e categorías. 

Recoñecementos individuais
No apartado de recoñecementos individuais foron homenaxeados varios deportistas de distintas disciplinas. En primeiro lugar, foi recoñecida a tempada de María Estévez, que foi campioa de España no Campionato de campo a través e acadou a quinta posición no Campionato de España de Short Track sub 20. María, malia a súa corta idade, leva nas súas costas unha traxectoria de moito éxito no atletismo. 

Outros dos deportistas homenaxeados foron os xogadores do Obradoiro Mateo Rivas e Miguel Bascoy. Ambos xogadores foron campións galegos en categoría cadete e junior, disputando tamén os Campionatos de España desas dúas categorías e entrando na convocatoria da selección galega para os Campionatos de España de seleccións. 

Tamén houbo recoñecemento para a a campioa galega alevín de piragüismo na distancia de 1.500 metros, Lucía García; para a subcampioa galega de karate 2025, Grand Winner da Liga Galega 2025-2026 e 9ª na Liga Nacional española, Olivia Parga; e para o campión galego de karate 2025, bronce na fase final da Liga Nacional española e 9º no ranking nacional, Xoán David Parga.

En patinaxe, as homenaxes foron dirixidas aos e ás deportistas do CPA Omega e CP Sarela. Por parte do primeiro, foron recoñecidos a parella cadete formada por Mauro Vhrovski e Claudia Veiga, cuartos clasificados no campionato de España de Parellas de Artístico e campións galegos da mesma modalidade; e Hugo Vrhovski campión provincial cadete, campión do Trofeo Xunta de Largos e campión do Trofeo Deputación. 

Por parte do CP Sarela, os recoñecementos foron para María Peña, campioa do Trofeo Deputación, campioa provincial, subcampioa galega e 24ª no campionato de España, todo en categoría sénior; Inés Peña, subcampioa no Trofeo Deputación, campioa provincial, terceira no campionato galego e 24ª no campionato de España, en categoría junior; e Jorge Sanmartín, quen, tamén en categoría junior, foi 4º no Trofeo Deputación, 5º no campionato provincial, 4º no campionato galego e 12º no campionato de España.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o acto de recoñecemento ao deporte amesán

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o acto de recoñecemento ao deporte amesán