Actualidade

Ex., 24-04-2024
Ex., 24-04-2024
Mércores, 20 de marzo de 2024
Aberto o prazo de inscrición do obradoiro “Bailar ceibe” impartido pola compañía de danza Fran Sieira

O vindeiro 9 de abril, ás 19:00 horas, Fran Sieira compañía de danza impartirá na Casa da Cultura do Milladoiro a actividade “Bailar Ceibe”, un obradoiro práctico para achegar ao público as artes do movemento. Xa se cubriron todas as 20 prazas ofertadas.

Martes, 19 de marzo de 2024
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres a obra de teatro “Esas cousas marabillosas”

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza teatral dirixida a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 22 de marzo, ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Esas cousas marabillosas”. O espectáculo, producido por Empatía Teatro, está dirixido a un público adulto e conta unha historia de case tres décadas que comeza cunha muller no hospital despois de intentar suicidarse. Os entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Xoves, 14 de marzo de 2024
Imaxe de arquivo

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 7 de marzo as convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2024. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, estará aberto entre o 15 de marzo e mailo 15 de abril. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares e para as actividades levadas a cabo por asociacións culturais.

Xoves, 14 de marzo de 2024
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición de acuarelas do 15 ao 22 de marzo

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir de mañá, 15 de marzo, unha selección de acuarelas baixo o título “Do Ameneiral ao Rego dos Pasos”. Trátase da primeira exposición da docente e pintora Eva Garea, composta por diversas acuarelas que recollen diversos enclaves de Bertamiráns, o núcleo urbano no que reside.

Mércores, 13 de marzo de 2024
Fran Sieira compañía de danza realizará un obradoiro práctico para achegar ao público as artes do movemento

Co obxectivo de apoiar a creación artística do tecido profesional e empresarial, a Concellaría de Cultura do Concello de Ames oferta residencias artísticas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro para creadores, creadoras e compañías profesionais que desenvolvan as súas liñas de traballo nos ámbitos das artes escénicas. O Grupo Chévere e a compañía de Fran Sieira foron dúas das compañías que participaron nesta iniciativa.

Luns, 11 de marzo de 2024
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres a obra de teatro “Chola a it girl”

O departamento de Cultura do Concello de Ames propón para este venres unha peza teatral dirixida a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 15 de marzo, ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Chola a it girl”. O espectáculo, producido por ArtesaCía, está dirixido a un público adulto e está protagonizada por Chola, unha muller que decide mostrar a súa vida rural, auténtica e imperfecta, farta de ver como a xente ofrece unha imaxe perfecta e idílica de si mesma nas redes sociais. Os entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Xoves, 07 de marzo de 2024
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta semana unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta semana unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura. A xuntanza estivo presidida polo alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e pola técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Participaron un total de 23 asociacións, representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e maila directora da EMMA, Pilar Martínez. Os temas máis importantes que se abordaron foron a elección dos 11 vogais membros das asociacións que formarán parte do Pleno do Consello, a ampliación do programa “Música nas parroquias” a outras parroquias, unha maior aposta pola danza e a creación dun ciclo de monólogos. Ames será sede dunha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria de subvencións culturais e para a promoción de fesas populares no exercicio 2024.

Martes, 27 de febreiro de 2024
 A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres a obra de teatro “Hamelin”

O Concello de Ames propón para este venres teatro dirixido a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 1 de marzo, ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Hamelin”. O espectáculo, producido por Redrum Teatro, está dirixido a un público adulto e nel se aborda a pederastia a través dunha adaptación do conto do Frautista de Hamelin. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Luns, 26 de febreiro de 2024
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres o espectáculo de monicreques “Solo”

O Concello de Ames propón para este venres monicreques para público familiar. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 1 de marzo, ás 18:00 horas, co espectáculo de monicreques “Solo”. O espectáculo está dirixido e protagonizado por Roi Borrallas. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Trátase dun espectáculo no que se retrata o comportamento dun pallaso cando está só, coas súas ideas e tolemias. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Luns, 12 de febreiro de 2024
Música, exhibicións de baile e concursos de disfraces protagonizan a programación do “Entroido de Ames 2024”

O Concello de Ames organizou un amplo abano de actividades para festexar o Entroido de 2024. Ao longo da pasada fin de semana celebrouse o festival da EMMA, a festa de Entroido do programa Amessan e unha festa de Entroido na que houbo exhibicións de baile a cargo do Club deportivo de baile Danzaya. Tamén actuaron os coros do programa Amessan: Elelas e Voces da Maía; e maila charanga tributo Carlinhos Brown. Hoxe celebrase a festa concurso de disfraces infantil. A programación pecharase o domingo 25 de febreiro co concurso e desfile que se fará no Milladoiro. Estaba previsto para este pasado domingo, 11 de febreiro, pero cambiouse de data debido á previsión meteorolóxica. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotografías da programación "Entroido Ames 2024".