Pestanas principais

O mércores, 1 de xullo, abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría

Domingo, 28 de xuño de 2026

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Desde o día 1 ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría.  Na actualidade, 15 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as.

O departamento de Xuventude ten a disposición dos grupos musicais do concello un equipamento municipal co obxectivo de facilitar un espazo para o ensaio musical da cidadanía do concello, fomentar a práctica musical da mocidade de Ames e contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento. Na actualidade, 15 formacións musicais de moi diversas composicións e estilos fan uso desta instalación para os seus ensaios semanais.

A concelleira de Mocidade, Beatriz Martínez, explica que “A Factoría vai medrando con novos grupos musicais que fan uso destas instalacións para ensaiar. É importante que a mocidade de Ames dispoña deste local non so para facer música, senón porque tamén serve de lugar de encontro e reunión para as nosas mozas e mozos”.

Renovación anual das agrupacións musicais
Do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. As persoas usuarias do local que queiran seguir utilizándoo, deben enviar dentro do prazo a súa solicitude de renovación cumprimentado e asinando o documento anexo, e enviándoo a xuventude@concellodeames.gal. En caso de non renovar no prazo establecido, procederase á baixa no uso do local.

As agrupacións que tramiten a renovación poden usar as instalacións de A Factoría de balde nas condicións que se establecen no regulamento. As agrupacións que non renoven no prazo establecido, procederase a dalas de baixa no uso do local, tendo que devolver a chave da instalación no Pazo da Peregrina antes do 20 de xullo deste ano.

Agrupacións novas
Calquera agrupación que desexe facer uso do local pode reservalo, sempre que, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes estea empadroado no concello de Ames e que o grupo estea dado de alta no censo municipal de artistas do concello. 

O horario de ensaio do local para todos os días da semana é entre as 10.00h e as 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Calquera dúbida ou consulta poden contactar con Xuventude Ames no correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

O mércores, 1 de xullo, abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría

Multimedia

  • O mércores, 1 de xullo, abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría
  • O mércores, 1 de xullo, abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría
  • O mércores, 1 de xullo, abre o prazo para renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría