Solapas principales

Xuntanza do Consello Sectorial de Educación para atender as propostas das ANPAS de Ames

Miércoles, 11 de mayo de 2022

Representantes dos partidos políticos con representación municipal e das ANPAS dos centros educativos de Ames reuníronse o pasado martes, 3 de maio, para realizar unha análise da situación educativa na pandemia e trasladar propostas para a mellora das infraestruturas e servizos complementarios. Falouse dos principais avances nos proxectos de ampliación do CEIP Agro do Muíño e do novo CEIP do Milladoiro, así como de diferentes cuestións sobre os comedores escolares, os protocolos Covid. Tamén se realizaron propostas de mellora no mantemento dos centros escolares, en particular nos patios e zonas exteriores.

O Goberno municipal, a través do presidente do Consello e concelleiro de Educación, David Santomil, trasladou á comunidade educativa os principais avances nos proxectos de ampliación do CEIP Agro do Muíño e do novo CEIP do Milladoiro, que está a redactar a Xunta de Galicia e que xa se atopan en trámite de autorización urbanística no Concello de Ames.

As ANPAS de Ames, que representan aos centros de ensino infantil, primaria e secundaria, trasladaron diferentes cuestións sobre os comedores escolares, os protocolos Covid e realizaron propostas de mellora no mantemento dos centros escolares, en particular nos patios e zonas exteriores.

Dende as ANPAS tamén trasladaron ao Consello Sectorial a necesidade de facilitar e simplificar os trámites de renovación e matrícula nos programas de conciliación municipal, así como realizar unha enquisa de valoración ás familias sobre os servizo de comedores. A este respecto, a Concellaría de Educación comunicou a intención de licitar a creación dunha nova aplicación para a web www.conciliames.gal.

O regulamento do Consello Sectorial de Educación aprobouse definitivamente en xaneiro de 2022 e esta foi a primeira xuntanza ordinaria. No mes de xuño, antes de finalizar o curso escolar 2021-2022 convocarase ao Consello Escolar Municipal para trasladar estas e outras cuestións que afectan ao conxunto da comunidade educativa.

Falouse dos principais avances nos proxectos de ampliación do CEIP Agro do Muíño e do novo CEIP do Milladoiro