Solapas principales

A Xuntanza de Empresarios de Ames organiza a II Feira de San Xoán

Viernes, 17 de junio de 2022

Artesanía, música e diferentes actividades conforman o cartel da segunda edición da feira de San Xoán, que organiza a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración co Concello de Ames. Dita feira celebrarase os días 22 e 23 de xuño, en horario de 11.00 a 21.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) volve por segundo ano consecutivo a organizar a feira de San Xoán, que se vai a desenvolver os días 22 e 23 de xullo, en horario de 11.00 a 21.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

A feira vaise inaugurar o mércores 22, ás 17.30 horas. Tras a presentación, ás 18.00 horas, as persoas asistentes poderán gozar da actuación do grupo As Maianas. Esta actuación enmárcase dentro do programa de “Música nas parroquias”, posto en marcha pola Concellaría de Cultura. Para pechar a primeira xornada da feira, ás 21.00 horas, dentro da programación “AmesON”, da Concellaría de Promoción Económica, actuará o coro Son Elas.

O xoves 23 a feira desenvolverase en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 20.00 horas. Ao longo de toda a xornadas haberá inchables e un taller de tatuaxes para nenos e nenas. Para pechar a xornada e maila feira, ás 20.30 horas, actuará a banda de rock do concello veciño de Brión, V-Roc.

O presidente da XEA, Jorge López, anima a toda a veciñanza amesá a participar nesta segunda edición da feira de San Xoán. “Haberá actividades para todos os públicos. Deste xeito, está previsto celebrar varios concertos para o público familiar e adultos, e despois ao longo do xoves 23 haberá actividades para os nenos e nenas. Na xornada do xoves tamén haberá música ambiente para animar a feira. Pecharemos esta edición da feira co concerto de V-Roc”.

Por outra banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “esta xa é a segunda edición desta feira e agardemos que pouco a pouco se vai consolidando. Este tipo de actividades son moi importantes para fomentar e dinamizar o comercio local”. Ana Belén quere, tamén, “animar aos veciños e veciñas, así como ás persoas que se acheguen ata Ames, a que participen na II Feira de San Xoán e apoien o comercio e a hostalaría local”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Feira da San Xoán o día 22 e 23 ca patronal XEA"

A Xuntanza de Empresarios de Ames organiza a II Feira de San Xoán

Multimedia

  • A Xuntanza de Empresarios de Ames organiza a II Feira de San Xoán