Solapas principales

A Xuntanza de Empresarios de Ames organiza este domingo, 12 de xuño, o mercado aberto Solesombra

Miércoles, 08 de junio de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza unha nova iniciativa para este domingo, 12 de xuño. Trátase do mercado aberto Solesombra, que se celebrará no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, en horario de 11.00 A 20.00 horas. Será un mercado no que participarán 12 establecementos comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro para dar a coñecer os servizos que ofertan. Haberá música ambiente ao longo de todo o día para amenizar o mercado.

A Xuntanza de Empresarios de Ames organizou unha nova iniciativa que se desenvolverá este domingo, 12 de xuño, dende as 11.00 ata as 20.00 horas. Trátase do mercado aberto Solesombra, que se celebrará no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Será un mercado no que participarán 12 establecementos comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro para dar a coñecer os servizos que ofertan. Deste xeito, participarán comercios de sectores moi variados como o téxtil, estética, decoración, informática, academias de estudos, etc.      

O presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Jorge López, explica que é a primeira vez que se organiza unha iniciativa deste tipo co obxectivo de sacar á rúa os servizos que ofrecen algúns dos establecementos comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro. A previsión meteorolóxica para o domingo é boa, polo cal animamos á veciñanza a que acuda a este mercado que se vai desenvolver nun espazo moi agradable como é o parque do Ameneiral”.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca “a implicación de XEA para organizar novas actividades de promoción comercial. O obxectivo é facer un mercado aberto no que os establecementos interesados monten os seus postos para darse a coñecer e ofrecer os seus servizos á veciñanza de Ames. Trátase dunha fórmula diferente que se ten éxito seguramente teña continuidade”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Los empresarios de Ames organizan el mercado Solesombra en Bertamiráns"

El Correo Gallego: "Mercado Solesombra cunha ducia de comercios o domingo no Ameneiral"

Ames Go: "A XEA celebra o mercado Solesombra este domingo"

Cartaz do mercado aberto Solesombra

Multimedia

  • Cartaz do mercado aberto Solesombra