Solapas principales

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de licitación das obras de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns

Lunes, 28 de diciembre de 2020

O pasado 21 de decembro a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do contrato de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns que estará cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no  marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

A localización dos colexios do concello de Ames na malla de camiños tradicionais de carácter rural que conforman o territorio e, por conseguinte, fóra dos núcleos principais do  Concello ( O Milladoiro e Bertamiráns),  preséntase como unha oportunidade para xerar novas vías de conectividade peonil e ciclable entre os núcleos menos densos do municipio que se achan en torno ao trazado dos camiños e os dous núcleos principais.

En concreto, a través do presente contrato procederase ao acondicionamento do carreiro que une o CEIP  Agro  do  Muíño co centro de Bertamiráns, dotándoo de infraestruturas de iluminación que permita o acceso a pé e en bicicleta.

Así, ao dar cobertura á necesidade de facilitar un modo alternativo ao vehículo de motor particular para acceder aos colexios do municipio, tamén se está liquidando a necesidade de dotar de maior conectividade aos núcleos do municipio entre si.

Os resultados esperados que se pretenden alcanzar coa operación son:
    • Impulso e mellora da mobilidade sostible.
    • Mellora da conexión entre as zonas escolares e os centros urbanos.
    • Mellora da accesibilidade.
    • Redución da pegada de carbono e das emisións de  GEI do concello.
    • Redución do uso do vehículo particular.
    • Contribución á igualdade de oportunidades.
    • Mellora na xestión do tráfico rodado.

O contrato “Adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns”  ten encaixe na liña A4, “Programa de creación dunha rede de carreiros escolares, deportivos e recreativos que favorezan a conectividade a pé e ciclable”, da estratexia  DUSI Impulsa Ames e que se sitúa dentro do ámbito do Programa Operativo  Plurirregional de España – FEDER (en diante  POPE-FEDER), axustándose ás categorías de intervención ás que haberá que atribuír o gasto da operación.

Características do contrato
Continuando coas actuacións que se están levando a cabo para favorecer a mobilidade entre as diferentes zonas do concello de Ames, contémplase a adecuación e instalación  da iluminación pública dunha senda peonil que une o CEIP  Agro  do  Muíño co núcleo urbano de Bertamiráns e que dispoñerá dunha senda ciclista paralela á senda peonil existente como se recolle nos planos do proxecto.

Por iso, é necesario dotar á senda dunha iluminación adecuada para a súa utilización en condicións de seguridade.

A través da subministración obxecto de licitación levarase a cabo unha instalación de iluminación exterior, co obxectivo de cumprir coas prescricións do Regulamento de eficiencia enerxética en instalación de iluminación exterior e do Regulamento   electrotécnico de Baixa Tensión. En concreto, instalaranse trinta e unha (31) luminarias LED para iluminación viaria na estrada de A Condomiña a  Agro  do  Muíño, coas correspondentes columnas, brazos e caixas de derivación.

A presente actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado.

Novas relacionadas: 

 
Senda peonil