Solapas principales

A Xunta de Goberno Local aproba a concesión de licenza de primeira ocupación para 17 vivendas construídas en Bertamiráns e no Alto do Vento

Sábado, 23 de noviembre de 2019

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a concesión a unha empresa promotora dunha licenza de primeira ocupación para oito vivendas dun edificio de 15 vivendas, planta soto para garaxes e rochos e baixo comercial construído no número 16 da avenida da Peregrina, na localidade de Bertamiráns. Tamén se aprobou a licenza de primeira ocupación para 10 vivendas unifamiliares, situadas no lugar de Ventosa, pertencente á parroquia de Covas. Ademais, concedéronse dúas licenzas de obra para a construción de dúas vivendas unifamiliares; unha no lugar de Raíces, na parroquia de Biduído, e outra no lugar de Monte, na parroquia de Covas.

A licenza de obras para a construción dun edificio no número 16 da avenida da Peregrina, En Bertamiráns, foi concedida pola Xunta de Goberno Local, na sesión do 23 de decembro de 2008. En dito acordo recóllese a concesión de licenza para a construción dun edificio de 15 vivendas, planta de soto para garaxes e rochos e baixo comercial. Posteriormente foron autorizadas modificacións pola Xunta de Goberno Local nas sesións do 14 de agosto do 2013 e do 6 de marzo do 2014.

O 17 de setembro do 2015, concedeuse licenza de primeira ocupación para 7 vivendas, un local comercial e planta soto para garaxes e rochos. Agora, trala solicitude da empresa promotora, concédese licenza de primeira ocupación para as 8 vivendas restantes. A superficie construída correspondente a esta fase, obxecto da presente licenza, é de 825,21 metros cadrados.

Por outra banda, concedeuse licenza de primeira ocupación para 10 vivendas unifamiliares, situadas na parcela AR-4 do sector de solo urbanizable S-03 “Alto do Vento II”, situadas no lugar de Ventosa, pertencente á parroquia de Covas. Neste caso a licenza de obras fora concedida pola Xunta de Goberno Local o 28 de febreiro de 2007, para a construción segundo o proxecto inicial de 61 vivendas unifamiliares.

O 11 de novembro de 2011 a empresa promotora solicitou licenza de primeira ocupación para 22 vivendas. A Xunta de Goberno Local do 5 de decembro de 2012, concedeu licenza de primeira ocupación para 12 das 22 vivendas da parcela AR-4 do sector S-03 Alto do Vento. Posteriormente, o 28 de xuño de 2017, solicitouse licenza de primeira ocupación das 10 vivendas restantes, que foi concedida na actualmente.

Dende a Concellaría de Urbanismo o seu concelleiro e alcalde, Jose Miñones, afirma que “estanse a regularizar varios expedientes que permiten que o noso concello sega a medrar dando cobertura ás necesidades de vivendas que vemos que se están demandando”.

Imaxe dos edificios da avenida da Peregrina, en Bertamiráns

Multimedia

  • Imaxe dos edificios da avenida da Peregrina, en Bertamiráns