Solapas principales

A Xunta de Goberno local aproba a clasificación de ofertas e requerimento de documentación para a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal

Jueves, 31 de octubre de 2019

Esta mañá celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a clasificación de ofertas e requerimento de documentación para a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal. Tamén se aprobou o expediente de licitación do servizo de soporte e mantemento do sistema de vídeo acta e do hosting e almacenamento externo do Concello de Ames e unha licenza de segregación dunha parcela.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 20 de setembro, aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado e tramitación ordinaria do contrato mixto de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal do Concello de Ames, convocando a súa licitación. Logo de dúas xuntanzas da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno Local acordou esta mañá clasificar, por orde decrecente de puntuación, ás empresas participantes declaradas admitidas no procedemento de licitación aberto simplificado e tramitación ordinaria do contrato.

A duración inicial do mesmo será dun ano, podendo prorrogarse por un ano mais. A prestación do servizo será aproximadamente de 40 días entre os meses de novembro de 2019 e xaneiro de 2020, datas que coincidirán coa campaña de Nadal. O 31 de xaneiro os elementos deberán estar totalmente desmontados e desinstalados. Asemade, a empresa clasificada en primeiro lugar deberá aportar a documentación requirida previa á adxudicación.
Esta é a primeira vez que se licita este contrato regularizándose así a situación que se arrastraba desde hai anos e impedía aumentar a partida orzamentaria destinada a este investimento. O Goberno está a traballar na campaña de Nadal e a programación de actos que durante os meses de decembro e xaneiro terán lugar no Concello e no que o incremento da partida de luminarias permitirá unha mellor cobertura de rúas e prazas.

Outros acordos
Outro dos puntos que se aprobou na Xunta de Goberno Local desta mañán foi o expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade previa e suxeito a tramitación anticipada, do servizo de mantemento e soporte do sistema de vídeo acta e do servizo de hosting e almacenamento en servidor externo, convocando a súa licitación. O acordo responde á necesidade de iniciar a segunda licitación deste servizo, unha vez que quedou deserta a anterior licitación. O sistema de video acta implantado na lexislatura anterior permite facer un seguimento das sesións plenarias a través do formato de video, de xeito que pódese visionar as intervencións dos concelleiros e concelleiras, así como dos diferentes momentos de intervención no pleno. Con este expediente de contratación o Goberno pretende acadar un mantenemento do aplicativo e poder publicar as video actas para consulta directa da cidadanía, cousa que ata o momento tan só está ao alcance dos membros da corporación ao estar aloxado no Centro de procesamento de datos do propio Concello na rede interna.

Asemade, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén  unha licenza de segregación dunha parcela.

casa do concello