[03-02-2017] O goberno municipal reunido en Xunta de Goberno local vén de adxudicar as obras de construción do parque infantil accesible que se vai a construír na área deportiva do Milladoiro, que se atopa ao carón da Casa da Cultura, das pistas polideportivas e da piscina municipal desta localidade. Este proxecto foi adxudicado á empresa Ceta Contratas SL polo importe de 50.263 euros. Ademais, adxudicouse a obra de mellora do camiño de Cruxeiras ao entorno da igrexa de Ames e da rúa Lodeiro de Bertamiráns, á empresa F. Gómez e Cía SL, polo importe de 38.840 euros.
Nas vindeiras semanas comezarase coas obras do primeiro parque infantil accesible que se executará no termo municipal de Ames. Este espazo de xogo vai a ter tres zonas diferenciadas cun camiño polo medio do parque, que no futuro preténdese que estea unido cun acceso directo dende a Travesía do Porto. Este parque infantil disporá de varios elementos de xogo, dos cales a maior parte van a ser accesibles para nenos e nenas con discapacidade funcional. Inicialmente vai ter un acceso que descorrerá entre a pista polideportiva e a piscina municipal. Para pasar con facilidade por esta vía de acceso vanse a retranquear os postes de alumeado.
O novo parque infantil vai a estar dotado con diferentes elementos que poidan usar os nenos e nenas con diversidade funcional, pero tamén se instalará algún elemento que non será accesible, seguindo as indicacións dos técnicos. Instalarase unha zona de multixogo grande, á cal se poderá acceder con cadeira de rodas. Tamén disporá de columpios con respaldo, balancíns e un columpio con rede de araña no que poden xogar varios nenos/as ao mesmo tempo.
Ademais, instalarase unha fonte á que se poderá acceder en cadeira de rodas e unha zona de aparcamento para cadeiras e demais elementos infantís, que estará limitada por un banco de madeira, que terá un deseño singular, e que servirá para sentarse e darlle a merenda aos nenos e nenas. Preténdese que este parque infantil sexa un espazo de xogo integrado e integrador para nenos con discapacidade funcional e para outros nenos/as que non a teñen.
O concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Blas García, incide en que “a idea do goberno municipal é construír un parque infantil que poidan empregar os nenos/as con diversidade funcional e os que non a teñen, para que xoguen todos/as xuntos. Ademais, estamos traballando para ordenar esta área deportiva do Milladoiro co obxectivo de converter este lugar nunha zona de ocio e lecer para todos os veciñas e veciñas do Milladoiro. Está claro que O Milladoiro necesita unha zona de esparexemento que é gran reclamación que nos fan os seus veciños”.
Adxudicación de obras do POS 2016
Por outra banda, adxudicouse a obra de mellora do camiño de Cruxeiras ao entorno da igrexa de Ames e da rúa Lodeiro de Bertamiráns, á empresa F. Gómez e Cía SL, polo importe de 38.840 euros. No camiño de Cruxeiras actuarase en catro treitos de 61x6,00 metros; 245x4,50; 410x5,80 e 35x7,90 nos cales se van aplicar cinco centímetros de de aglomerado en quente. No caso da rúa Lodeiro vaise actuar en cinco tramos de 62x2,50; 57x4,20; 70x5,50; 130x3,60 e 20x3,60 metros nos cales tamén se vai se vai a mellorar a capa de rodaxe aplicando seis centímetros de aglomerado en quente.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Ames adjudica por 50.270 euros el parque infantil accesible"
El Correo Gallego: "Licitan a obra do primeiro parque amesán sen barreiras"