Solapas principales

A Xunta de Goberno Local adxudica 10 novas unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames

Martes, 01 de octubre de 2019

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar 10 novas concesións de nichos e columbarios do cemiterio municipal de Ames. Deste xeito, adxudicáronse 4 concesións (1 panteón tipo A de 3 nichos e 1 columbario; e 3 columbarios) por un período de 25 anos e 6 concesións (5 columbarios; e 2 nichos independentes) por un período de 75 anos. Das concesións adxudicadas, 7 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 3 licitadores aboaron o 50% do canón. En relación aos que ingresaron unicamente o 50%, o restante 50% ten que ser ingresado no prazo máximo de 6 meses e, de non ingresarse no prazo indicado, quedarían excluídos da concesión.

Dende o mes de agosto de 2017 o cemiterio municipal de Ames está aberto todos os días (incluídos sábados, domingos e festivos) de 10:00 a 18:00 horas. Nas instalacións lévanse a cabo traballos de vixilancia, mantemento e atención ao público, ademais dos servizos de enterramento e velatorio.

Tralo proceso de adxudicación de unidades de enterramento feito en 2018, no que se adxudicaron 6 concesións por un período de 25 anos e 10 concesións por un período de 75 anos, o Concello volveu abrir en xaneiro de 2019 unha nova convocatoria de solicitude de unidades de enterramento de forma directa, na que se realizaron 10 novas concesións. En total, ata o de agora autorizáronse 26 adxudicacións de unidades de enterramento.

Durante o período de presentación de solicitudes de adxudicación directa das unidades de enterramento, que comprendeu dende o día 17 de xaneiro ao 30 de agosto de 2019, foron presentadas un total de 13 solicitudes. Examinado o contido das solicitudes todas as presentadas ofertaron como mínimo o tipo de licitación establecido. Tendo en conta isto, todas solicitudes presentadas foron adxudicadas, excepto 3 que renunciaron á adxudicación.

Deste xeito, adxudicáronse 4 concesións (1 panteón tipo A de 3 nichos e 1 columbario; e 3 columbarios) por un período de 25 anos e 6 concesións (5 columbarios; e 2 nichos independentes) por un período de 75 anos. Das concesións adxudicadas, 7 licitadores efectuaron o ingreso do 100% da totalidade do canon ofertado, mentres que 3 licitadores aboaron o 50% do canón. En relación aos que ingresaron unicamente o 50%, o restante 50% ten que ser ingresado no prazo máximo de 6 meses e, de non ingresarse no prazo indicado, quedarían excluídos da concesión.

Así, finalízase a convocatoria de solicitude de unidades de enterramento posta en macha no pasado mes de xaneiro, mediante un proceso áxil e directo, e que lle permitiu a aqueles/as interesados/as en adquirir algunha das unidades, aproveitar o resultado da adquisición do ano pasado sen ter que ir a un concurso público.

Desde o goberno municipal infórmase que rematado este trámite directo, xa está a traballar na apertura dun novo proceso de licitación para o ano 2020 e no que se fixarán os prezos de adxudicación de cada unidade.

O cemiterio municipal de Ames está situado no lugar de Os Batáns

Multimedia

  • Adxudicáronse 10 novas unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames