Solapas principales

Xogade organiza un torneo online de xadrez para mañá sábado 25 de abril

Viernes, 24 de abril de 2020

Xogade organiza para mañá, sábado 25 de abril, de 19.30 a 20.30 horas, un torneo online de xadrez destinado a todas as idades. Trátase dun torneo aberto que se realizará a través da plataforma Lichess. Está previsto que a iniciativa se repita todos os sábados que dure o confinamento.

Para participar no torneo, tan só é necesario ter unha conta en Lichess e premer neste enlace.

Se necesitas máis información sobre como crear unha conta en Lichess ou sobre como funciona a plataforma, consulta o vídeo anexo ao pé desta nova.

Torneo de xadrez online

Multimedia

  • Embedded thumbnail for