Solapas principales

Xa se pode facer a reserva en Cronos para usar a pista de pádel do Milladoiro

Viernes, 12 de mayo de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa que dende este venres, 12 de maio, as persoas que estean interesadas xa poden facer a reserva para empregar a nova pista de pádel do Milladoiro. A reserva haberá que facela a través da aplicación Cronos, á que se pode acceder premendo nun dos banner que están situados na cabeceira da web municipal. A pista de pádel do Milladoiro está situada na zona norte de dita localidade, nunha parcela que se atopa entre as rúas do Muíño Vello e do Buxo. Nesta zona tamén se construíu unha pista de skate e estase executando o centro multifuncional do Milladoiro, que está incluído dentro da EDUSI Impulsa Ames.

Dende este sábado, 13 de maio, poderase usar a nova pista de pádel do Milladoiro, que se suma ás pistas de pádel existentes na localidade de Bertamiráns e na urbanización de Aldea Nova. Hoxe venres xa se pode entrar na aplicación Cronos para facer a reserva de uso de dita pista. Accedendo a dita aplicación pódese consultar as horas nas que se pode facer uso da pista e facer a correspondente reserva. Para facer a reserva das instalacións deportivas municipais hai que rexistrase na aplicación, confirmar un correo electrónico, iniciar sesión e facer a reserva.

A plataforma Cronos emprégase para a reserva de pistas deportivas (tenis e pádel), así como para a tramitación das inscricións nas Escolas deportivas. A dita plataforma pódese acceder a través dun banner que está colocado na cabeceira da web municipal. A plataforma Cronos, que foi cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do eixo 12 do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmárcase dentro da EDUSI Impulsa Ames.

Para executar dita pista realizouse unha estrutura formada por catro piares de esquina de 4 metros de altura; 10 piares de tres metros de suxeición de mallas e vidros; 12 piares de 4 metros para a suxeición de mallas e vidros; 4 piares de 6 metros que serven de ancoraxes de mallas e onde se colocaron os focos. Ademais, realizouse un peche metálico e mailo peche de vidro; así como se colocou o correspondente céspede artificial e 4 focos LED de 150 vatios para uha correcta iluminación.

A pista de pádel do Milladoiro está situada na zona norte de dita localidade, nunha parcela que se atopa entre as rúas do Muíño Vello e do Buxo. Nesta zona tamén se construíu unha pista de skate e estase executando o centro multifuncional do Milladoiro, que tamén está incluído dentro da EDUSI Impulsa Ames.

Pista de pádel do Milladoiro

Multimedia

  • Xa se pode facer a reserva en Cronos para usar a pista de pádel do Milladoiro