Solapas principales

Xa se coñecen as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate

Miércoles, 13 de marzo de 2024

Xa coñecemos as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos Concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega. Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios; e cun total de seis premios en cada unha das categorías: á regueifa máis brava, á máis aguda, á máis diversa, á máis reivindicativa, á mellor cantada e á mellor falada.

O xurado estivo composto por Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Fátima Souto, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; e Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro. Valoraron un total de 56 regueifas, 47 delas inscritas na categoría escolar e na xeral.

Estas son os vídeos gañadores, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube:

Categoría xeral:

  • A máis brava: ARRIEIRO E CHAMINHO “Cumbia do choque”.
  • A máis aguda: ESCOLA DE REGUEIFA DE CARBALLO “Vai de voda”.
  • A máis diversa: TEISEIROS REGUEIFEIROS “Regueifa pola saúde mental”.
  • A máis reivindicativa: IVÁN E AROA “Regueifa de coidar a terriña”.
  • A mellor cantada: GRUPO XUVENIL DA TERCEIRA IDADE DE POIO “Sempre vida”.
  • A mellor falada: AS DA MUIÑEIRA “Os deberes”.

Categoría escolar:

  • A máis brava: OS MÁIS BRAVOS “Queremos moito ás nosas profes”. Alumnado do CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco).
  • A máis aguda: REGUEIFEIRXS DA CHÁ “Regueifando apréndese mellor”. Alumnado do IES Santiago Basanta Silva (Vilalba).
  • A máis diversa: 2o B QUIROGA PALACIOS “O noso Entroido”. Alumnado do CEIP Pluringüe Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela).
  • A máis reivindicativa: 6o E.P. CEIPP SANTA MARÍA DO CASTRO “O granulado non é pasado”. Alumnado do CEIP Plurilingüe Santa María do Castro, Cabo de Cruz (Boiro).
  • A mellor cantada: REGUEIFEIRAS DO CAMBALLÓN “A nosa música na nosa voz”. Alumnado do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces).
  • A mellor falada: REGUEIFEIROS DE RAZO “Regueifa en Razo”. Alumnado do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo (Carballo).

O xurado acordou ademais conceder un accésit á Regueifa máis inclusiva a NOA E MARTÍN polo vídeo “Todo isto son mentiras” (IES Antonio Fraguas, Santiago de Compostela).

O 3 de abril terá lugar a entrega de premios nunha gala no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 11.00 horas. O evento estará conducido por Manolo Maseda e Séchu Sende, e polas formadoras do certame Enreguéifate Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Nuria das Cruces, e será un percorrido polas formas de improvisación oral galegas no que non faltará a música en directo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Bergantiños arrasou no certame Enreguéifate e Cruces, Boiro, Teo e Santiago levaron premio"

Xa se coñecen as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate