Solapas principales

Voces femininas para o quinto AmesON

Jueves, 22 de julio de 2021

O programa “AmesON” continúa este venres 23 de xullo co concerto de Ellas Son. O grupo formado por Begoña García e Cristina Cachaldora será o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá. O concerto celebrarase na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas.

A Concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O quinto concerto do “AmesON”, dos trece que están programados, será o de Ellas Son.

As voces do dúo formado por Begoña García e Cristina Cachaldora van encher a praza de Manuel Murguía de cumbias, baladas e merengues. Ritmos latinos para animar á veciñanza a gozar do verán e revitalizar o sector da hostalaría.

A música do “AmesON” volverá á praza de Manuel Murguía o xoves 29 con SAMCO. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

 

Novas relacionadas:

 

La Voz de Galicia: "El dúo Ellas Son hará bailar a Ames al ritmo de música latina"

 

Revista AmesGO: "O AmesOn aposta polas voces de muller na edición de mañá"

Grupo Ellas Son