Solapas principales

Visita a exposición de traballos da Escola de Artes Plásticas do 29 de maio ao 10 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro

Martes, 28 de mayo de 2019

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle do 29 de maio ao 10 de xuño a exposición “Amas a arte?”, que recolle diversos traballos realizados na Escola de Artes Plásticas, que está incluída dentro das Escolas Culturais do Concello de Ames. Nesta mostra recóllense os traballos que elaborou o alumnado que participou nesta Escola cultural durante o curso 2018-2019. Todas as persoas que desexen visitar esta mostra terán que acudir a Casa da Cultura do Milladoiro en horario de mañá, 9.00 a 14.00 horas, ou de tarde, de 16.30 a 22.30 horas.

O curso 2018/2019 chega ao seu fin nas Escolas Culturais municipais de Teatro, Artes Plásticas e Baile. Así, do 29 de maio ao 10 de xuño realizarase unha exposición dos traballos da Escola de Artes Plásticas (manualidades e arte miúda) na Casa da Cultura do Milladoiro. Os traballos poderanse ver en horario de 9:00h a 14:00 horas e de 16:30h a 22:30 horas.

Na Escola de Artes Plásticas participaron 51 persoas. Houbo catro grupos de arte miúda. En Bertamiráns impartíronse clases de arte miúda a 19 nenos e nenas. Os/as usuarios/as de 3 a 6 anos asistiron as clases os mércores, de 17.00 a 18.00 horas, mentres que os/as usuarios/as de 7 a 9 tiveron clase os mércores de 18.00 a 19.00 horas. No Milladoiro participaron 18 nenos e nenas. Neste caso os/as usuarios/as de 3 a 6 anos asistiron ás clases os xoves, de 16.30 a 17.30 horas, mentres que os/as usuarios/as de 7 a 9 tiveron clase os xoves de 19.30 a 20.30 horas.

Por outra banda, houbo un grupo de manualidades, formado po 14 persoas maiores de 16 anos, que asistiron ás clases os martes de 20.30 a 22.00 horas. A mediados de curso incrementouse o horario en 30 minutos máis, pasando a ter esta actividade unha duración de dúas horas, de 20.00 a 22.00 horas.

Ao longo do curso, tanto nenos/as como adultos, elaboraron arredor de 70 pezas (30 pezas os rapaces e rapazas e 40 os adultos) que se poderán ver na exposición “Amas a arte?”. As persoas adultas realizaron traballos en coiro, patchwork sen agulla, restauración de mobles pequenos, pintura sobre tea, cadros acrílicos, traballos sobre metais, etc. Os nenos e nenas participaron en actividades de iniciación á pintura e debuxo; fixeron un traballo sobre os petróglifo da Pedra da Nave de Mourigade, en San Pedro de Bugallido, e algunha pintura sobre o Pazo da Peregrina.

Por último, cómpre salientar que no vindeiro mes de setembro abrirá o prazo de inscrición para participar nas Escolas Culturais municipais de Teatro, Artes Plásticas e Baile do curso 2019-2020.

Visita a exposición de traballos da Escola de Artes Plásticas do 29 de maio ao 10 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro

Multimedia

  • Visita a exposición de traballos da Escola de Artes Plásticas do 29 de maio ao 10 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro