Solapas principales

Vinte e sete mozas e mozos amesáns gozan da campaña de esquí organizada pola Deputación

Viernes, 28 de enero de 2022

Ames participa un ano máis na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña, nesta ocasión  na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. Malia contar orixinalmente con trece prazas na segunda das cinco quendas de concellos, finalmente puideron viaxar vinte e dous mozos e mozas entre os días 21 e 24 de xaneiro. Ademais, outros cinco rapaces e rapazas accederán á terceira quenda, que terá lugar dende este venres 28 ata o luns 31 de xaneiro.

Un cento de mozos e mozas de entre 11 e 15 anos viaxaron a pasada fin de semana a Asturias, á estación de esquí de Valgrande-Pajares, co fin de gozar da neve e do deporte en grupo. Na expedición viaxou rapazada dos concellos de Ames, Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois, aos que lles correspondía participar na segunda das cinco quendas de viaxe que organizou a Deputación, entre os días 14 de xaneiro e 21 de febreiro.

Como parte deste grupo, vinte e dous rapaces e rapazas amesás viaxaron a estación asturiana, na que contaron coa oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí coa axuda de monitores e monitoras profesionais, participando tamén en varias actividades deportivas e culturais que se organizaron de xeito complementario durante a fin de semana de estancia na neve.

Ademais, nos próximos días poderán gozar do esquí cinco mozos e mozas de Ames máis, despois de que quedarán dispoñibles prazas na terceira quenda de viaxes, que se celebra  entre os días 28 e 31 de xaneiro. Durante estes días, compartirán experiencias con rapazada de Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra, municipios da contorna ou próximos a Ames.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Vinte e dous mozos na neve coa Deputación"

Vinte e sete mozas e mozos amesáns gozan da campaña de esquí organizada pola Deputación (c) Deputación da Coruña

Multimedia

  • Vinte e sete mozas e mozos amesáns gozan da campaña de esquí organizada pola Deputación (c) Deputación da Coruña
  • Vinte e sete mozas e mozos amesáns gozan da campaña de esquí organizada pola Deputación (c) Deputación da Coruña