Lunes, 13 de abril de 2015
[13-04-2015] O complexo deportivo Squash Santiago do Milladoiro acolleu esta fin de semana o Campeonato de España absoluto de Squash, un torneo no que se proclamaron vencedores a viguesa Xisela Aranda e o amesán Borja Golán.
O de Aranda foi o seu sexto título consecutivo, mentres que Golán suma así a súa décimo terceira medalla absoluta consecutiva. Á entrega de trofeos, que tivo lugar o domingo, asistiron o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Deportes, Ana Ruso.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Borja Golán suma su decimotercer campeonato de España de squash"