- Tematica
O Concello de Ames organiza este mércores, 31 de decembro, unha gran festa de fin de ano para dar a benvida ao 2026. Esta festa é unha das principais novidades da programación de Nadal deste ano. Trátase de que a veciñanza poida gozar da festa sen saír do municipio. Contarase cunha participación de 870 persoas e haberá servizo de autobús con dúas liñas: unha con saída dende O Milladoiro (que pasarán por Biduído, Bugallido, Ortoño e Bertamiráns) e outra liña que percorrerá varios lugares do rural (Agrón, Portanxil, Trasmonte, Oca, Seares, Barouta, Outeiro, Augapesada, Pousada e Aldea Nova).
Baixo o lema Este 31 de decembro queda no teu concello… Fin de Ano en Ames! o Concello de Ames organiza unha gran Festa de fin de ano que se vai a celebrar este mércores, en horario de 01.00 a 08.00 horas da mañá, no pavillón polideportivo de Bertamiráns. Esta festa é unha das principais novidades da programación municipal para este Nadal, co obxectivo de ofrecer á veciñanza a posibilidade de quedar no concello para celebrar o ano novo, sen necesidade de moverse.
Trátase de ofrecer unha alternativa de ocio nocturno no propio concello. Esta festa está dirixida a persoas maiores de 18 anos e contarase cunha participación de 870 persoas. Cada entrada leva incluídas dúas consumicións, servizo de roupeiro dentro da festa e servizo de autobús de ida e volta. Contarase con servizo de barra de bar prestado por hostaleiros locais (StreetGarden, Asador Vacavella e O Transistor). A música correrá a cargo dos DJs da discoteca móbil CDC.
Servizo de autobús para a Festa de fin de ano
A organización contará con dúas liñas fixas de autobús, que sairán a 1:00h e ás 2.00h dende O Milladoiro e coas seguintes paradas (preme aquí para consultar o plano da ruta):
1.-O Milladoiro – Parada da Casa da Casa da Cultura do Milladoiro: dúas frecuencias a 1.00h e ás 2.00 horas.
2.-Rotonda da urbanización As Mimosas: dúas frecuencias a 1:15 e ás 2:15 horas.
3.-Farmacia de Biduído: dúas frecuencias a 1:15 e ás 2:15 horas.
4.-Bugallido: dúas frecuencias a 1:20 e ás 2:20 horas.
5.-Farmacia de Bugallido:dúas frecuencias a 1:25 e ás 2:25 horas.
6.-Cruceiro de Ortoño: dúas frecuencias a 1:30 e ás 2:30 horas.
7.-Ortoño/As Cortes: dúas frecuencias a 1:35 e ás 2:35 horas.
8.-Bertamiráns – Rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello: dúas frecuencias a 1:40 e ás 2:40 horas.
Ademais, contarase cunha liña de autobús que percorrerá varios lugares do rural con saída dende Agrón e coas seguintes paradas (preme aquí para consultar o plano da ruta):
1.-Agrón – Igrexa, a 1.00 horas.
2.-Portanxil – parada Ponte da Barreira, a 1.05 horas.
3.-Trasmonte – Igrexa, a 1.10 horas.
4.-Oca – cruce con Lens, a 1.20 horas.
5.-Seares – ao carón da fonte, a 1.25 horas.
6.-Barouta, ao carón do colexio, a 1.30 horas.
7.-Outeiro, estrada xeral que vai dende Barouta, a 1.35 horas.
8.-Augapesada e Castelo, Bar Km 79, a 1.40 horas.
9.-Pousada – estrada xeral, a 1.45 horas.
10.-Aldea Nova – parada do autobús urbano na estrada xeral, a 1.55 horas.
A volta do servizo de autobús iniciarase ás 5:00 horas, con opción de regreso dende o pavillón de Bertamiráns, ás 5:00, 7:00 e 8:00 horas.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "La Festa de Fin de Ano de Ames tendrá tres líneas de bus para viajar sin riesgo"
La Voz de Galicia: "La fiesta de fin de año de Ames tendrá tres líneas gratuitas de autobús y 870 asistentes"
Xornal de Compostela: "Ames disporá de autobuses gratuítos para os deprazamentos á súa gran festa de Fin de Ano"






