Solapas principales

Uxío Canosa, do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, remata décimo quinto no Campionato de España de Ciclocross

Martes, 12 de enero de 2021

O club ciclista amesán Os Esfola Arrós competiu no Campionato de España de Ciclocross con Uxío Canosa, que participou na categoría de máster 40. Dito campionato disputouse na cidade cántabra de Torrelavega os días 8, 9 e 10 de xaneiro. Para Uxía Canosa esta non foi a súa mellor carreira da tempada, nin na que máis sorte tivo, pero non se deu por vencido ata pasar a liña de meta, rematando na décimo quinta posición.

O club ciclista amesán Os Esfola Arrós comezou a tempada participando con Uxío Canosa, máster 40, no Campionato de España de Ciclocross. Uxío Canosa desprazouse ata a cidade cántabra de Torrelavega para tomar a saída nos campionatos nacionais de ciclocross. Non foi a mellor carreira da tempada para Uxío Canosa, nin na que máis sorte tivo, pero non se deu por vencido ata pasar a liña de meta.

Uxío Canosa explica que “foi unha saída curta, sobre 15 segundos, no medio dun inmenso pelotón cheguei a unhas escaleiras bastantes grandes, e así xunto co resto de participantes chegamos a primeira baixada”. Coa bicicleta ao lombo preto dun minuto, Uxío volveu a subirse nela e comezou a remontar postos, pero a caída doutro corredor fixo que tamén se fora ao chan, producindo unha pequena avaría na bicicleta e impedíndolle continuar.

“Trala caída, levanteime e amañei a bicicleta o máis rápido que puiden, pero xa me adiantara moita xente. Despois intentei volver a adiantar pero tiven varios erros no barro que había na pista o que me impediu rematar máis adiante na clasificación final”, explica Uxío Canosa.

Finalmente rematou no posto décimo quinto na clasificación máster 40. Un gran resultado despois de todos os contratempos sufridos. Con esta carreira acabouse o ciclocross para os ciclistas dos Esfola Arrós e toca empezar a preparar as modalidade de XCO e XCM.

Novas relacionadas:

Revista AmesGo: "Uxío Canosa, dos Esfola Arrós, 15º no Campionato de España de Ciclocross"

Uxío Canosa.

Multimedia

  • Uxío Canosa.
  • Uxío Canosa.
  • Uxío Canosa.