Solapas principales

A USC presenta un estudo do territorio de Ames na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 4 de xuño

Jueves, 03 de junio de 2021

Como acto conmemorativo do Día Internacional do Medio Ambiente, a USC organizou a exposición do traballo “Dende o Pedroso ao Monte San Marcos: Caracterización da paisaxe e percepción da veciñanza, propiedades e visitantes sobre os seus posibles usos”. O evento terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, o venres 4 de xuño, de 18.30 a 20.00 horas.

Os estudantes da materia de “Estudos Culturais” do Máster en “Estudos de Literatura e Cultura e da Erasmus Mundus Crossways in Humanities” e da materia de “Ecoloxía da Paisaxe”,  Grao de Paisaxe, realizaron un traballo de campo. O territorio a estudar foi o espazo comprendido entre o Monte Pedroso, en Santiago de Compostela, e o Monte San Marcos, Ames.

Para levar a cabo a análise de “Dende o Pedroso ao Monte San Marcos: Caracterización da paisaxe e percepción da veciñanza, propiedades e visitantes sobre os seus posibles usos”, empregáronse indicadores de Ecoloxía da Paisaxe que caracterizan o espazo seguindo as formas, superficies e relacións espaciais entre as distintas cubertas e usos vexetais do territorio.

Trátase dun traballo de relación entre as persoas e o espazo natural / patrimonial / cultural a protexer, delimitado en cooperación con estudantes de Ecoloxía, para ofrecer unha visión integral.

Durante o desenvolvemento do estudo, o/as alumnos e alumnas entrevistaron e dialogaron cos propietario/as, veciño/as e visitantes do espazo, así como con informantes relevantes da zona. Un dos obxectivos foi saber en que condicións estarían dispoñibles os propietarios para converter o seu espazo nun espazo preservado e protexido, de uso público, o grao de aprecio polo espazo dos distintos sectores interesados ou afectados e as medidas que eventualmente se poderían tomar .

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Análisis de las relaciones entre población y paisaje"

Ameixenda