Solapas principales

A Unión de Consumidores de Galicia en Bertamiráns e no Milladoiro retoman a atención presencial no seu horario habitual tras a ausencia no verán

Jueves, 03 de septiembre de 2020

Dende este xoves, 3 de setembro, o persoal das oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, xa abren no seu horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. Durante o mes se agosto ditas oficinas estiveron pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). 

Os técnicos da UCGAL atenden ás persoas consumidoras do Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. En Bertamiráns, as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina e a atención ao público realízase os xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Para obter cita previa pódese chamar ao número de teléfono 662 13 03 12 ou enviar un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: info@consumidores.gal ou fcarames@concellodeames.gal.

Este servizo enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Asemade é importante lembrar que os veciños e veciñas que queiran facer algunha consulta nas oficinas de consumo sobre este tema ou calquera outro, soliciten cita previa para dispor dos servizos que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Así poderán facer unha consulta personalizada e individual sobre cada caso en particular.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, anima á veciñanza a que “faga uso deste servizo que se ofrece nas dúas principais localidades do concello: en Bertamiráns e no Milladoiro. Para poder facer unha consulta máis personalizada e individual recomendamos que se obteña unha cita previa chamando ao número de teléfono 662 13 03 12”.

Cartel co horario das oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro