Solapas principales

A Unión de Consumidores de Galicia atende á veciñanza amesá nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro

Sábado, 14 de marzo de 2020

O Concello de Ames conmemora este 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Aproveitando dita conmemoración dende a Concellaría de Promoción Económica e Emprego lembran que en Ames existen dúas oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, unha en Bertamiráns e outra no Milladoiro. O servizo de asesoramento da UCGAL enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor foi establecida no ano 1962, grazas ao presidente John F. Kennedy e onde se establece que todas as persoas sen distinción de clases, teñen dereito a gozar de certos beneficios como consumidor. A partir de 1983, instituíu este día e dous anos despois, estableceuse nas Nacións Unidas un decreto para a protección dos consumidores, logrando desta maneira reivindicar, recoñecer e lexitimar os dereitos destas persoas a nivel internacional.

Aproveitando dita conmemoración dende a Concellaría de Promoción Económica e Emprego lembran que en Ames existen dúas oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, unha en Bertamiráns e outra no Milladoiro. O servizo de asesoramento da UCGAL enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

Dende o ano 2016 a Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración co Concello de Ames, organizou diferentes accións a prol da garantía do consumidor no que se refire a factura eléctrica, cláusulas chan, cláusulas hipotecarias, subministro do gas e un Workshop sobre economía circular. As últimas semanas estiveron marcadas polas sentenzas sobre o IRPH e as tarxetas revolving. Deste xeito, este pasado mércores, 11 de marzo, impartiuse en Bertamiráns unha charla sobre este tema.  

Asesoramentos dos técnicos da UCGAL
Os técnicos da UCGAL atenden ás persoas consumidoras do Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. En Bertamiráns, as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina e a atención ao público realízase os xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Para obter cita previa pódese chamar ao número de teléfono 662 13 03 12.

Este servizo enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Asemade é importante lembrar que os veciños e veciñas que queiran facer algunha consulta nas oficinas de consumo sobre este tema ou calquera outro, soliciten cita previa para dispor dos servizos que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Así poderán facer unha consulta personalizada e individual sobre cada caso en particular.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, anima á veciñanza a que “faga uso deste servizo que se ofrece nas dúas principais localidades do concello: en Bertamiráns e no Milladoiro. Para poder facer unha consulta máis personalizada e individual recomendamos que se obteña unha cita previa chamando ao número de teléfono 662 13 03 12”.

Infórmate dos teus dereitos UCGAL

Multimedia

  • Infórmate dos teus dereitos UCGAL