Solapas principales

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e venres 16 e 17 de setembro no Milladoiro

Miércoles, 15 de septiembre de 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 16 e venres 17 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O xoves estará de mañá e de tarde, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. O venres o horario será só de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.  Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Solicitude de cita previa para doar
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pódese solicitar chamando ao número de teléfono 900 100 828.

#sumateaonosoequipo
Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto. O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Para máis información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar premer aquí . Tamén podes ver este vídeo no que se explica o proceso de doazón.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns e martes 16 e 17 de setembro no Milladoiro

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns e martes 16 e 17 de setembro no Milladoiro