Solapas principales

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro

Sábado, 15 de octubre de 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

Teléfono de autocita para doar de xeito cómodo e seguro

Na situación actual, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes de sangue. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita para doar sangue de xeito cómodo e seguro, o número 900 100 828.

#sumateaonosoequipo

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Volve a unidade pra doar sangue ata a rúa Cruxa"

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro