Solapas principales

A Unidade de Doazón de Sangue atende en Ames con cita previa o 29, 30 e 31 de xullo

Lunes, 27 de julio de 2020

Milladoiro e Bertamiráns recibirán esta semana  á Unidade Móbil de Doazón de Sangue. No Milladoiro, a Unidade Móbil estará o mércores pola tarde e o xoves en horario de mañá e de tarde.  En Bertamirán estará o xoves 30 e o venres 31, ámbolos dous días en horario de tarde. Por mor da situación xerada pola pandemia da COVID19 e as prevencións sociais e sanitarias que se deben gardar, atenderase á veciñanza con cita previa para evitar esperas e escalonar a afluencia de doadores. Pódese pedir esta cita no teléfono 900 100 828. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

O mércores 29 de xullo entre as 15:30 e as 21:00 horas e o xoves 30 de xullo, entre as 9:30 e as 14:30 e entre as 15:30 e as 21:00, a Unidade de ADOS situarase na Rúa Curuxa, esquina Rosalía de Catro, no Milladoiro. Bertamiráns recibirá a visita da Unidade de Doazón de Sangue na Avenida da Maía, fronte a praza da Maia, o xoves 30 e o venres 31, entre as 15:30 e as 21:00 horas.

Os bancos de sangue seguen necesitados da colaboración da cidadanía para facer fronte as necesidades diarias nos hospitais e centros sanitarios. Na época de verán adoitan a complicarse máis as cousas por mor da mobilidade e o tráfico e este ano tamén polo que poida xurdir a causa da pandemia da COVID19. As persoas enfermas que ingresan nos hospitais non toman vacacións e dependen da solidariedade das persoas que doan sangue para recuperar a saúde ou salvar a vida.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.

Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

O Concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedoasangue.

Cartaz Doazón sangue xullo 2020

Multimedia

  • Cartaz doazón segura