Solapas principales

Últimos días para participar na enquisa sobre a páxina web municipal

Jueves, 14 de enero de 2021

O vindeiro 25 de xaneiro rematará a enquisa que interpela á veciñanza de Ames sobre a web do Concello. Deste xeito, durante dous meses, manterase activa dita enquisa co obxectivo de recoller as solicitudes de mellora na web municipal sobre o deseño, os contidos, a frecuencia e o destino das visitas, e a facilidade de acceso aos distintos apartados do sitio web. Ademais, déixase aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal. Para participar na enquisa podes premer nesta ligazón.

Toda vez que o usuario responda sobre si coñece ou non a web municipal, a enquisa pregunta sobre a frecuencia de visitas e da catro opcións: todos os días, cada semana, cada quince días ou mensualmente.

A seguinte pregunta refírese ao aspecto da páxina e da a opción de puntuar de 1 a 5, tendo en conta que o 1 implica unha valoración moi mala do aspecto e o 5, unha valoración moi boa. Neste apartado, a enquisa especifica que esa valoración se faga en canto as seguintes cuestións: deseño atractivo, utilidade dos contidos, acceso doado aos contidos, navegación sinxela e clara, calidade dos contidos, variedade dos contidos, actualización dos contidos, posibilidades de comunicación (boletíns, canles e redes sociais) e sistema de busca de información.

Baixo o mesmo parámetro, ou sexa puntuando de 1 a 5, e baseándose na experiencia de navegación de cada usuario, pídese tamén que se valoren os seguintes apartados: avisos, trámites, sede electrónica, oficina virtual tributaria, atención veciñal e participación, transparencia, organización municipal, Ames, actualidade, axenda e Mediateca. Este punto da enquisa deixa aberta a posibilidade de que a persoa que indique algún outro apartado.

A pregunta número 5 da enquisa interpela sobre a frecuencia de visitas á páxina e concretamente ás seccións de avisos, novas, transparencia e axenda. Ofrece para cada un destes apartados catro opcións: ningunha, de unha a dez visitas, de 11 a 20 e máis de 20.

A Mediateca e as canles de suxestións, reclamacións ou queixas son as protagonistas das seguintes preguntas. Interpelase sobre si se visitou algunha vez a primeira e si se empregou algunha vez a segunda.

Para participar na enquisa podes premer nesta ligazón. Habilitouse un banner no pé da páxina web que estará dispoñible de forma permanente para acceder á enquisa. Tamén se pode acceder á enquisa a través de menú de Atención cidadá, información e participación, procesos de participación; enquisas, sondaxes e votacións.

Para que empregas a web municipal?

Pregúntase tamén na enquisa sobre a utilidade particular que cada usuario fai da web e indícase que se pode marcar máis dunha entre as seguintes opcións: para informarme, para facer xestións e para coñecer a oferta de ocio.

A enquisa quere saber asemade que medio utilizan os veciños e veciñas de Ames para informarse sobre asuntos municipais e apunta como alternativas: a web municipal, a prensa escrita, a radio municipal, outras radios e a televisión. As mesmas alternativas danse para responder á pregunta: “Que grao de veracidade che ofrece a información publicada?”. As respostas poden precisar un grao de veracidade baixo, medio ou alto.

Que é o que máis e o que menos che gusta do sitio concellodeames.gal? constitúen as preguntas 12 e 13 da enquisa. Ofrécense 50 caracteres para contestar. Despois pídese que se indique o grao de satisfacción xeral co sitio web delimitando ese grao en: moi satisfeita/o, satisfeita/o, insatisfeita/o, moi insatisfeita/o.

A enquisa remata pedindo ás usuarias/os algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar esta páxina web.

Web municipal.