Solapas principales

Últimos días para inscribirse nos concursos de decoración de Nadal para veciños e comerciantes

Viernes, 01 de diciembre de 2023

O vindeiro 5 de decembro, ás 14:00 horas, remata o prazo para inscribirse nos dous concurso de decoración de Nadal organizados polo Concello de Ames. Nesta edición poderanse decorar escaparates comerciais, fachadas, balcóns, fiestras e xardíns de edificios e vivendas particulares. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude nos rexistros municipais ou a través da Sede electrónica do Concello. Repartirase un total de 6.000 euros (4.000 euros no concurso de escaparates, e 2.000 no de decoración veciñal), divididos en oito premios (haberá catro premios por concurso).

A vindeira semana, o 5 de decembro, remata o prazo para inscribirse nos dous concursos de decoración de Nadal que organiza o Concello a través da Concellaría de Promoción Económica: o XVIII concurso de escaparates de Nadal e o II concurso de decoración de Nadal veciñal.  

Concurso de escaparates
Aqueles que estean interesados en participar deben presentar as súas solicitudes nos rexistros municipais da Casa do Concello, en Bertamiráns, ou nas Oficinas Municipais do Milladoiro en horario de 9:00 a 14:00 horas. A inscrición tamén pode facerse a través da Sede electrónica do Concello (sede.concellodeames.gal). O prazo de inscrición remata o 5 de decembro ás 14:00 horas. Nesta edición repartiranse 4.000 euros, divididos en catro premios de 1.500€, 1.100€, 800€ e 600€ respectivamente. Ademais, aos catro gañadores cederáselles un espazo publicitario de balde en Ames Radio durante un mes.

A decoración dos escaparates terá como tema as festas de Nadal e só poderá presentarse un único proxecto por establecemento. Os escaparates deberán estar expostos ao público, como mínimo, entre o 9 de decembro de 2023 e o 1 de xaneiro de 2024. Todos os participantes terán que enviar unha foto da súa decoración ao enderezo de correo promocioneconomica@concellodeames.gal antes do 18 de decembro de 2023.

Decoración veciñal
Os veciños e veciñas interesados en participar neste concurso teñen ata o 5 de decembro para inscribirse presentando a súa solicitude nos rexistros municipais ou a través da Sede electrónica do Concello. Os participantes deberán aportar antes do día 18 de decembro de 2023 (incluído) cando menos 2 fotografías polas que se poida visualizar a decoración realizada. A achega das fotografías realizarase á conta de correo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal, facendo constar o número de rexistro da solicitude de inscrición do Anexo I e a identidade do representante.

Neste caso, as decoracións deberán estar expostas entre o 9 de decembro de 2023 e o 6 de xaneiro de 2024, e só poderá presentarse un único proxecto por vivenda.

Valorase a creatividade e terase en conta o uso de iluminación como foco de atracción e o uso de material reciclado. Repartiranse 2.000 euros, divididos en catro premios de 500 euros cada un.

Últimos días para inscribirse nos concursos de decoración de Nadal para veciños e comerciantes

Multimedia

  • Cartaz do XVIII Concurso de escaparates de Nadal
  • Cartaz do II Concurso de decoración veciñal