Solapas principales

Últimos días para inscribirse na I Marcha Prevención do Dano Cerebral que discorre entre O Milladoiro e Santiago de Compostela

Martes, 20 de octubre de 2026

A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela organizan para o sábado, 24 de outubro, a primeira edición da Marcha Prevención do Dano Cerebral, na que cada donativo será unha axuda real para que a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela poida ampliar as súas instalacións. Nesta iniciativa solidaria colaboran os Concellos de Ames e Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña. A andaina discorrerá entre O Milladoiro e Santiago de Compostela. A ruta transcorre maioritariamente por terreo chan ou con lixeira pendente descendente. Os organizadores recomendan levar calzado cómodo para terreos irregulares, xa que pode haber algúns tramos húmidos. As inscricións poden tramitarse ata o 23 de outubro. Premendo nesta ligazón podes acceder á páxina web onde realizar as inscricións. 

Cada paso conta. Cada persoa importa. Con este lema organízase a I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina popular e solidaria que percorrerá 4,9 quilómetros dende o Centro Multifuncional do Milladoiro, na rúa O Muíño Vello, ata a sede da Asociación de Dano Cerebral Compostela, situada na zona do Castiñeiriño - Restollal. Esta iniciativa realizarase o sábado, 24 de outubro de 2026, desde as 10:00 horas. As inscricións poden tramitarse ata o venres 23 de outubro.

Esta marcha está organizada pola Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela. Colaboran os Concellos de Ames e Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña. O punto máis alto da ruta está situado preto do inicio, no Milladoiro; a partir de aí, a ruta transcorre maioritariamente por terreo chan ou con lixeira pendente descendente. Os organizadores recomendan levar calzado cómodo para terreos irregulares, xa que pode haber algúns tramos húmidos.

Trátase dunha actividade apta para tódalas idades, dende os nenos/as ata as persoas maiores, e que se desenvolverá nun ambiente festivo, non competitivo, no que o primordial é camiñar por unha causa solidaria.

Custo e destino dos fondos recadados
A participación na andaina custa 8 euros, o que inclúe a inscrición, o seguro de accidentes e unha doazón para a causa. Os nenos menores de 14 anos participan de balde. Tamén hai unha opción de inscrición solidaria na fila 0, por 3 euros, pensada para aqueles que queiran colaborar sen participar de xeito presencial na marcha. A inscrición e pago pódese realizar a través da web da marcha ata o vindeiro venres 23 de outubro. Unha vez descontados os custos do seguro e da inscrición, a totalidade do importe restante será doada integramente á Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela.

Como mostra de agradecemento pola participación, sortearanse tres premios simbólicos, doados por empresas colaboradoras do parque empresarial do Milladoiro, entre elas Clínica Fisioterapia Laura Míguez, Pan de Leis e Unit 365. Ademais, ao remate da andaina, poderase asistir a un mercadillo composto por produtos realizados polos pacientes da Asociación Dano Cerebral de Santiago de Compostela.

Importancia da participación cidadá
Desde os Concellos participantes e dende a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela, animan a tódalas persoas a participar, e lembran que a lesión cerebral adquirida (LEA) pode producirse de tres xeitos principais: accidente cerebrovascular, parada cardíaca (debido a anoxia cerebral, é dicir, falta de osíxeno no cerebro) e lesións cerebrais traumáticas derivadas de accidentes.

Apuntan que, en calquera destes tres casos, trátase de acontecementos repentinos que poden afectar a calquera persoa, en calquera momento da vida e sen previo aviso. Isto fai que a prevención e o apoio ás persoas que a sofren sexan un asunto que pertence a toda a sociedade, non só ás persoas afectadas ou ás súas familias.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Los actos del Día del Daño Cerebral en Santiago arrancan este sábado con una marcha desde O Milladoiro"

Lindeiros:"Milladoiro Santiago pola Prevención do Dano Cerebral"

Diario de Santiago: "Últimos días para inscribirse na I Marcha Prevención do Dano Cerebral que discorre entre O Milladoiro e Santiago de Compostela"

Últimos días para inscribirse na I Marcha Prevención do Dano Cerebral que discorre entre O Milladoiro e Santiago de Compostela

Multimedia

  • Últimos días para inscribirse na I Marcha Prevención do Dano Cerebral que discorre entre O Milladoiro e Santiago de Compostela