Solapas principales

Todo listo para recibir aos Reis Magos no Concello de Ames

Viernes, 02 de enero de 2026

O Concello de Ames acolle dende mañá día 3 ata o próximo martes 5 de xaneiro a tradicional Gran Festa de Reis, enmarcada dentro da programación de Nadal que se leva realizando dende o acendido das luces a comezos do mes de decembro. Durante estes días os nenos e nenas terán a oportunidade de gozar dunha recepción real coas Súas Maxestades e posteriormente poderán desfrutar das cabalgatas, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, que rematarán na Gran Festa de Reis con chocolate e rosca.

A programación comezará o sábado 3 e o domingo 4 de xaneiro nos pavillóns municipais de Bertamiráns e do Milladoiro coas recepcións reais. En horario de 11.00 a 13.30 horas pola mañá, e de 17.00 a 19.30 horas pola tarde, os nenos e nenas poderán coñecer de primeira man ás súas maxestades os Reis Magos. As recepcións reais faranse os dous días tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Para poder participar nas recepcións reais, as familias interesadas deberán inscribirse mediante cita previa a través da Sede electrónica do Concello. O prazo estará aberto ata o hoxe, venres 2 de xaneiro, ás 14.00 horas. Durante a recepción, haberá catro visitas simultáneas cada cinco minutos. 

Xa o día 5, a mañá empezará coa visita dos Reis Magos ás parroquias do concello. Así pois, ás 10.00 horas pasarán por Ameixenda e Cruxeiras; ás 10.30 horas por Augapesada; ás 11.00 horas por Piñeiro e Covas; ás 11.30 horas por Tapia e Ortoño; ás 12.00 horas por Lens; ás 12.30 horas por Agrón e Bugallido; ás 13.00 por Trasmonte; e ás 13.30 horas rematarán o percorrido visitando a parroquia de Biduído. 

O luns, 5 de xaneiro pola tarde, será a quenda das cabalgatas. Ás 17.00 horas as carrozas recorrerán o núcleo do Milladoiro, partindo da Igrexa e pasando pola rúa Agriños, a Travesía do Porto, a rúa Agro do Medio, a rúa Agro da Magdalena e a rúa Cereixos. Ao rematar a cabalgata, arredor das 18.00 horas, os Reis trasladaranse ao pavillón municipal para dar comezo á Gran Festa de Reis, na que se servirá chocolate e rosca (con opción sen glute) para todos os asistentes e haberá actuacións musicais e DJ.  

Máis tarde, ás 19.00 horas, comezará a cabalgata en Bertamiráns dende a nave de Obras, en Lapido, pasando, pola Avenida da Maía, a Travesía Pedregal, a Rúa Pedregal e a Avenida da Peregrina. Logo de facer o recorrido, as carrozas chegarán ao pavillón municipal arredor das 20.00 horas para celebrar a Gran Festa de Reis, que de igual maneira que no Milladoiro, terá chocolate, rosca (tamén con opción sen glute), actuacións musicais e DJ.  

En ambas cabalgatas, unha boa parte dos caramelos que as Súas Maxestades lanzarán dende as carrozas serán doados polo comercio do Milladoiro Center Paloma, situado na Rúa Pardiñeiros 13, que achegou un total de 50 quilos de lambetadas sen glute para repartir entre o Tren de Nadal e as cabalgatas e Festas de Reis. 

Programación de Nadal en xaneiro
Tras a Gran Festa de Reis, a programación de Nadal enfrontará a súa recta final con dous concertos. O venres día 9, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro Anxo Gómez, o xove violinista amesán recentemente galardoado co premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais no ámbito da música, compartirá escenario coa pianista Haruna Takebe.

Ao día seguinte, o sábado 10, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá, ás 19.00 horas o peche definitivo do Nadal co Concerto de Reis a cargo das agrupacións corais de Ames. Para ambas actuacións é necesario retirar un convite gratuíto na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Arzúa, O Pino, Ames e Lalín agardan xa polos Reis trala San Silvestre padronesa"

La Voz de Galicia: "Los Reyes Magos reciben este fin de semana a los más pequeños en Ames"

La Voz de Galicia: "Los Reyes multiplican su magia en Santiago y su área"

Xornal de Compostela: "Ames celebra a Gran Festa de Reis con recepcións reais, cabalgatas e actividades en Bertamiráns e O Milladoiro"

Todo listo para recibir aos Reis Magos no Concello de Ames

Multimedia

  • Todo listo para recibir aos Reis Magos no Concello de Ames
  • Todo listo para recibir aos Reis Magos no Concello de Ames