Solapas principales

Todo listo para o comezo das obras de acondicionamento e mellora da EEI O Bosque

Jueves, 04 de noviembre de 2021

A Xunta de Goberno Local deu o visto bo ao último paso das obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e das fachadas da EEI O Bosque coa adxudicación do contrato. A actuación ten por obxecto a renovación e mellora de paramentos e carpinterías exteriores da escola infantil. O importe das obras ascende a 74.914 euros. Dita contía será subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña ao 65,8% e o restante polo Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, está a traballar na mellora do edificio da escola infantil municipal O Bosque, situada en Bertamiráns. A EEI O Bosque xa reorganizou aos seus 40 usuarios para que den comezo as obras de acondicionamento e mellora térmica da cuberta e da fachada. As obras teñen por obxecto deter o deterioro ao que se atopa sometida a cuberta da escola infantil municipal, mellorando a eficiencia enerxética da mesma. Ao mesmo tempo, proxéctase unha nova envolvente que mellore o comportamento térmico do mesmo e que inclúe un leve aumento da altura da cuberta.

Este proxecto permitirá mellorar as instalacións da escola infantil, de titularidade municipal, e que conta con once unidades educativas para nenos e nenas menores de 3 anos.
As obras de mellora foron adxudicadas, pola Xunta de Goberno Local, á empresa CYS HISPANIA S.L. por  74.914 euros. A duración inicial do contrato é de dous meses.

As actuacións realízanse con cargo a un convenio asinado entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ames. O organismo provincial aportará 52.000 euros e o Concello o importe restante.

O concelleiro de Educación, David Santomil, manifestou que "con esta actuación agardamos mellorar a eficiencia enerxética da escola, de acordo coas novas directrices ambientais e de aforro no consumo eléctrico". E engadiu "dende a escola xa procederon a reorganizar os espazos para que as obras non repercutan no normal funcionamento da escola e informouse ás familias".

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Dos meses de obras para mejorar el aislamiento de la guardería O Bosque"

Compostela 24 Horas: "Todo listo para o comezo das obras de acondicionamento e mellora da EEI O Bosque"

Todo listo para o comezo das obras de acondicionamento e mellora da EEI O Bosque

Multimedia

  • Todo listo para o comezo das obras de acondicionamento e mellora da EEI O Bosque
  • Todo listo para o comezo das obras de acondicionamento e mellora da EEI O Bosque