Solapas principales

A tenda Máis que louza volve recoller doazóns para a Oficina do Voluntariado de Ames

Jueves, 14 de julio de 2022

Dende o 1 de xullo e ata o 1 de setembro, o establecemento de Bertamiráns Máis que louza retoma a súa campaña solidaria de recollida de vaixela “Doando sempre gañas”, que na súa anterior edición entre marzo e abril conseguiu xuntar máis de 300 quilos de louza para a Oficina do Voluntariado de Ames. Durante estes meses de verán, a tenda recollerá os aveños e proporcionará un 5% de desconto no establecemento o propio día da doazón. A louza será despois entregada á Concellaría de Benestar Social, que xestionará e repartirá os aportes da veciñanza.

Volve a campaña de recollida de louza e aveños “Doando sempre gañas”, que pon en marcha o establecemento amesán Máis que louza coa colaboración da Oficina de Voluntariado de Ames. A boa recepción da anterior edición, que recolleu máis de 300 quilos de doazóns entre o 15 de marzo e o 16 de abril, animou a que durante o verán se repita esta iniciativa solitaria.

Entre xullo e setembro, a tenda almacenará a louza e os aveños, ata que sexa recollida en setembro pola Oficina de Voluntariado de Ames, que xa xestiona outras campañas de recolección ao longo do ano, como de alimentos ou de agasallos. Neste senso, indícase que se recollerá calquera tipo de aveño básico, como potas, tixolas, cazolas, pratos, cubertos, fontes, cuncas ou canecas.

Ademais, desta maneira a solidariedade da veciñanza amesá verase premiada, xa que ao realizar as súas doazóns na tenda, os veciños e veciñas recibirán a cambio un 5% de desconto nos produtos do establecemento durante o propio día da doazón. A louza recollerase no establecemento Máis que louza, situado na Praza da Maía, número 6, local 5, en Bertamiráns.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La tienda de Ames en la que vistes tu mesa y puedes donar la vajilla antigua para familias necesitadas"

El Correo Gallego: "Volve a Ames a campaña ‘Doando sempre gañas'"

A tenda Máis que louza volve recoller doazóns para a Oficina do Voluntariado de Ames

Multimedia

  • A tenda Máis que louza volve recoller doazóns para a Oficina do Voluntariado de Ames