[09-03-2018] O Concello de Ames informa sobre o comunicado da organización da proba "TRANSGALAICA#2 AMES 2018”, que decidiu en xuntanza de última hora aprazar para o 15 de abril de 2018 o evento deportivo. A decisión está tomada dende a CORDURA e a RESPONSABILIDADE que supón a organización dun evento de tal magnitude. Están decretadas alertas de risco importante e ante esa situación pouco se pode facer xa que a SEGURIDADE DOS PARTICIPANTES é o primeiro. Deste xeito, a suspensión é por mor das condicións meteorolóxicas que se prevén para este domingo 11 de marzo.
Dende a organización indican “sabemos que estas decisións e máis a última hora non gustan a ninguén e menos a nós como ORGANIZADORES pero ante os temporais e as alertas temos que ser firmes. Outros eventos tamén serán aprazados e parécenos o máis acertado. Esperamos vervos o 15 de abril e que a festa siga sendo iso, unha festa. De facer a proba non se podería montar nin o podio, nin carpas, nin arcos de meta….NADA. Rogamos ENTENDEMENTO e ogallá o 15 de abril poidamos vervos en AMES”.