Solapas principales

Seis alumnos da escola de karate Dokkodo participaron no Campionato Galego de Clubes

Miércoles, 21 de febrero de 2024

Esta pasada fin de semana celebrouse en Chantada o Campionato Galego de Clubes, organizado pola Federación Galega de Karate. Nesta cita,  a escola amesá Dokkodo presentou un equipo alevín na modalidade de kata e outro na de kumite. Así mesmo, cedeu dous deportistas para que formaran parte de dous equipos do clube Akai Ryu de Negreira.

O equipo de kata, formado por Tiago Blanco, Martín Campos e Xián Blanco tivo unha gran actuación realizando ata tres katas. Os tres deportistas tiveron un inicio sólido, vencendo comodamente na primeira volta, aínda que perderon na segunda. Na loita pola medalla de bronce, perderon por un axustado 2-1. Porén, o seu esforzo permitiulles alcanzar a quinta posición na categoría alevín mixto.

Na modalidade de kumite, os equipos alevíns tiñan que estar formados por dous nenos e unha nena pero, ao non ter deportistas femininas, o equipo amesán partía coa desvantaxe de ter sempre un combate perdido en cada encontro. A pesar destas dificultades, Bruno Varela e Xián Blanco conseguiron facerse coa 5ª posición.

Pola súa parte, tanto Jadel Rodríguez coma Raúl Rodríguez, que competiron en kumite infantil e cadete en sendos equipos do clube Akai Ryu de Negreira, gañaron os seus combates, axudando cos seus resultados a conseguir o 3º e o 2º posto das súas respectivas categorías.

Seis alumnos da escola de karate Dokkodo participaron no Campionato Galego de Clubes

Multimedia

  • Seis alumnos da escola de karate Dokkodo participaron no Campionato Galego de Clubes
  • Seis alumnos da escola de karate Dokkodo participaron no Campionato Galego de Clubes
  • Seis alumnos da escola de karate Dokkodo participaron no Campionato Galego de Clubes