Solapas principales

Sábado de teatro en Ames coa obra “A pluma viva de Rosalía”

Miércoles, 24 de noviembre de 2021

O Concello de Ames propónnos conmemorar con teatro o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Será o 27 de novembro, ás 20:30 horas na Casa de Cultura do Milladoiro coa obra “A pluma viva de Rosalía”. Unha montaxe da compañía “Os Quinquilláns” que fala sobre a igualdade e a liberdade a partir de textos de Rosalía de Castro. A entrada é de balde e os convites deben reservarse na billeteira municipal.

Baseada nun feito real de censura á obra de Rosalia de Castro “A pluma viva de Rosalía” aborda o acto violento que tivo lugar no ano 1864 na imprenta Soto e Freire de Lugo nas vésperas do día no que ían publicarse catro textos brillantes, satíricos e retranqueiros da escritora.

A obra, de 90 minutos de duración, diríxese a  un público familiar para trasladarlle os valores da igualdade e da liberdade. A actividade está enmarcada no programa que o Concello de Ames elaborou para a conmemoración do Día Internacional de eliminación da violencia contra a muller. Os convites gratuítos xa poden adquirirse na billeiteira.

A representación está organizada pola Concellaría de Turismo en colaboración co CDR Terras de Compostela e forma parte do programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia “Fala Redes”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Teatro con ‘A pluma viva de Rosalía’ o 27 no Milladoiro"

Sábado de teatro en Ames coa obra “A pluma viva de Rosalía”

Multimedia

  • Sábado de teatro en Ames coa obra “A pluma viva de Rosalía”