- Tematica
O Concello de Ames vén de reorganizar as prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida (PMR) que daban servizo ao entorno da Casa do Concello. A actuación supón a reubicación das prazas situadas na rúa Ameneiral, a creación dunha terceira praza PMR e unha futura mellora da accesibilidade na entrada da Casa Consistorial.
Coa nova distribución, elimínase a necesidade de acceder ás prazas a través da rúa Ameneiral, de carácter peonil, facilitando así un acceso máis cómodo e seguro para as persoas usuarias.
As dúas prazas PMR existentes pasan a ser tres. Dúas delas sitúanse xunto á Casa do Concello, con acceso desde a rúa Alcalde Lorenzo, mentres que a terceira localízase no aparcamento situado xunto ao supermercado Carrefour, con entrada pola rúa Pesqueiras.
Esta reordenación completarase cunha actuación de mellora da accesibilidade que abranguerá tanto o entorno como a entrada principal da Casa do Concello, reforzando o compromiso municipal coa eliminación de barreiras arquitectónicas e coa mellora da accesibilidade universal.










